As obras que o Ministerio de Transportes está a realizar na A-55 están a provocar importantes retencións durante esta mañá na saída cara a fronteira. Os traballos na estrada coinciden cunha maior afluencia de galegos cara a Portugal para gozar no país veciño do Día das Letras Galegas e tamén coa serie de concertos de Coldplay en Coimbra.

Os atascos comezan no Porriño e estánse a dar nas dúas vías de alta capacidade que conducen á Raia. Na A-55, os coches móvense moi lento durante catro kilómetros, entre os puntos kilométricos 24 e 28. Tamén no tramo de AP-9 Vigo-Tui hai retencións dun par de kilómetros, pouco antes do enlace coa autovía.

O motivo son as obras nuns noiros que se están a realizar entre os puntos kilométricos 27 e 28 da A-55. Ao chegar a esa zona, están cortados os dos carrís que van a Portugal e toda a criculación se distribúe no outro sentido da marcha, creando un funil que, en día con moita afluencia, deriva en atoamentos.

Unha vez pasada esta zona, polo menos até ás 12:00, a circulación volve ser fluida.