Caballero: "A Reconquista vívese cada día, é a forma de entender a cidade"

O alcalde presidiu o acto institucional da Rconquista | Roberto Cavallo, de Denso, leu o bando

A corporación local encabezada polo alcalde, Abel Caballero, e a tenente de alcalde e presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deu conta do acto e pregón con motivo da celebración e festexo da Reconquista da Vila de Vigo, que representa a expulsión do exército francé fai 214 anos, no 1809, momento no que Vigo se convertía na primeira localidade en derrotar e expulsar a Napoleón dunha praza conquistada.

Precisamente foi a Praza da Independencia a que acolleu este acto, no que o máximo responsable da planta viguesa de Denso, Roberto Cavallo, pronunciou a lectura do bando que tamén relatou durante a celebración dos Vigueses Distinguidos.

O testigo da súa intervención foi recollido polo alcalde, no que resaltou a "personalidade singular" da Reconquista e como se logrou transmitir ata o día de hoxe. "A Reconquista vívese cada día de cada ano, polo seu contido, polas súas batallas, pola actividade… condicionou a forma de entender esta cidade. É moito máis que unha festa, é a forma de entender Vigo, a autodefinición desta cidade", subliñou o rexedor diante de ducias de asistentes ó acto.

Recordou tamén Caballero todos os avances que experimentou a cidade nestes 214 anos e definiu: "Somos economía". "Poucas cidades teñen esta característica, por iso sentimos este día con tanta forza. A grandes cidades non xurden por azar, senón por tradición", celebrou o alcalde, que incidiu na relevancia de Vigo a nivel autonómico e incluso nacional.

Vigo celebra a súa Reconquista

Vigo celebra a súa Reconquista / Ricardo Grobas

"É a cidade motriz de Galicia e España. En Vigo hay un espazo para cada proxecto, para cada vocación, para cada familia… En Vigo non hai pasado, a historia permanece", sentenciou Abel Caballero baixo o lema da "solidaridade" e sen olvidar o seu berro de "Viva Vigo". 

Á conclusión, procedeuse a ofrenda floral así como a interpretación dos hinmos de Galicia e España. Antes, na basílica-concatedral, celebrouse a misa da Reconquista.