A “aventura irrepetíbel” de Kruckenberg
A sede da Deputación acolle una mostra sobre a vida e obra da poeta, en apoio coa Fundación Penzol | “Mantense activo o seu continuo diálogo con Vigo”, di a comisaria
Muller extraordinaria. Muller adiantada o seu tempo. Muller de sons e acordes. Muller a contracorrente do establecido. Muller que bebe dos versos de Rosalía de Castro. Muller cosmopolita e políglota. Muller que era Vigo.
“A onde fun, tornei a Vigo...
... tornei a Vigo lisgaira e ninguén pode levarme”.
Con este verso resume todo o seu gran amor e devoción pola cidade que a viu medrar, marchar e voltar, un reflexo das súas verbas que grazas á Fundación Penzol, á Deputación de Pontevedra e ao Concello de Vigo ábrese de novo a todos os vigueses, veciños que algún deles, como ben exemplificou a súa comisaria, Mercedes Queixas, descoñecen o enorme orgullo que é compartir urbe coa mais representativa poeta e narradora da segunda metade do século XX: María do Carme Kruckenberg.
Precisamente é a sala Rosalía de Castro da sede viguesa da Deputación –calle Chao– a que acolle ata o 10 de novembro unha escolma da traxectoria, vida e obra desta autora baixo o título “Vivir, unha aventura irrepetíbel”.
A través de doce paneis informativos sobre a autora e a súa obra, oito mesas expositoras con fondos de arquivos bibliográficos e obxectos persoais, e un audiovisual que amosa diferentes intervencións da escritora, o público repasará, non só a súa creación literaria, senón tamén vivencias persoais claves na súa escrita.
A mostra pretende poñer en valor a figura de María do Carme Kruckenberg coma unha muller pioneira entre as escritoras galegas de posguerra e a súa incesante actividade literaria ao longo da súa vida.
Diálogo activo coa cidade
A mostra busca mantener vivo e activo o diálogo entre Kruckenberg e a cidade de Vigo. “É difícil entender a historia de Vigo sen a de María do Carme e igualmente o revés, o camiñar dunha vai o paso da outra. A súa relación coa cidade era un binomio que mantivo toda a súa vida, era a súa razón de ser”, explica Queixas, quen recordou o honor que tivo de poder compartir tempo, vivenzas, reflexións e lembranzas coa autora.
“A súa vida foi vivida moi intensamente, recordo unha frase que exemplifica esta realidade, dicía así: ‘Que imaxe tan extraña ten a xente do que unha non é’”, concluíu a comisaria na presentación da exposición.
O seu carón ficaban as outras bases que fixeron posíbel a mostra. Por un lado, o presidente da Fundación Penzol, Manuel Puga quen recordou que a exposición estaba prevista para o 2020 e se ben a pandemia a “penalizou”, non a “paralizou”. Xunto a él, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, quen alabou que a personalidade e a forza de Kruckenberg quedan “reflectidas na xente que aquí se atopa”, en clara alusión por unha banda a súa filla, Cristina P. Kruckenberg. “María do Carme era cultura, era a voz dunha muller poderosa. Todo sabiduría, unha muller única”, afirmou, case emocionada Carmela Silva.
Secundado as súas palabras, o alcalde Abel Caballero anunciou unha gran festa da cultura no seu honor no 2026, coincidindo co centenario do seu nacemento. “Este acto significa o seu renacemento, cada vez que se lee alguna obra ou poema María do Carmen Kruckenberg renace, ainda que personas extraordinarias coma ela permanecen para sempre”, trasladou o rexedor olívico.
Amigo personal da autora, Caballero recordou como marcaba “nada máis vela, como trazaba a través das súas palabras connotacións da cidade. Cada vez que falaba con ela atopaba a Vigo”, subliñou o alcalde.
- Agrio final judicial para la camarera de Vigo que se encontró el bar cerrado tras 10 días de baja
- Un terremoto con epicentro en Barro se siente en media Galicia
- «Opero unos mil tumores de pulmón al año»
- Los tres trucos de los economistas para ahorrar en el Mercadona: 'Se ahorra un montón de dinero
- Vigo y A Coruña, incomunicadas por carretera después del atardecer
- Adiós a pasar la ITV a las motos en 2025: el Gobierno aprueba la medida
- Hallan el cuerpo sin vida de una joven detrás del ayuntamiento de Vigo
- Una familia de Taboada denuncia la desaparición de su hijo de 18 años, que se despidió en las redes