O Museo Liste vai ter por diante 48 horas de celebracións co gallo do Día das Letras Galegas e o Día Internacional dos Museos. Este martes haberá un obradoiro, denominado como Linguas de Trapo, para achegar a vida e obra de Florencio Delgado aos máis pequenos. As actividades prolongaranse durante toda a xornada, con visitas guiadas e a entrega de premios do IX Concurso Fotográfico e o X Concurso de Relatos.

O mércores, na finca que circunda o Museo, estará a Furgolibro da Tia Ni, con libros en galego, de segunda man e descatalogados.Tamén haberá visitas guiadas, sen necesidade de inscripción previa e ata completar aforo.