Tanxugueiras, que coa súa canción 'Terra' parten entre as favoritas para o Benidorm Fest que dará a pasaxe para ir a Eurovisión a quen o gañe, xa teñen data para Vigo na súa vindeira xira.

A banda vén de anunciar que será o 1 de abril, a partir das dez da noite. O lugar elixido é o hall do Auditorio Mar de Vigo. Será o segundo directo do tour chamado “Xira Midas” que comenzará na cidade herculina o 26 de marzo. As entradas para a sala Pelícano esgotáronse en dez horas.

No caso de Vigo, os tiques poden adquirirse en enterticket.es a partir das 12.00 horas de mañá martes. As primeiras 500 custarán 15 euros, máis gastos. As seguintes terán un prezo de 19 máis gastos.

Con esta xira, Tanxugueiras presentará unha nova concepción do seu directo, co seu novo son que mistura electrónica e tradi pero coa forza de seu de cantareiras e pandereteiras.