Un público heteroxéneo de diversas idades gozou onte da maxia da narración oral da man da contacontos Bea Campos, toda unha experta na materia.

Campos actuou na Praza 8 de marzo, en Camelias, dentro do programa municipal No verán, un conto 2021, coordinado polo Servizo de Normalización Lingüística.

Contos tradicionais, lendas e segredos de familia formaron parte desta divertida sesión de narración oral pensada para público adulto e enmarcada no título “Marcho que teño que marchar”.

“Na miña casa sempre me dicían , do que escoites aquí non fales fóra... Pero que facer se as historias eu che contaron son tan incribles? Pois non me quedou oura que construír un espectáculo de narración oral con elas, iso si, tédesme que gardar o segredo”, explica a propia Bea Campos sobre esta peza de narración oral.