A discreción non é o que mellor definiría ao protagonista da intervención que levou acabo a Policía Local de Vigo a pasada fin de semana. Foi na confluencia das rúas Policarpo Sanz con Colón. En pleno centro da cidade.

Según fontes policiais, o pasado día 15, sobre a unha e media da madrugada, un home decidiu circular pola cidade facendo un uso insistente dos sinais acústicos do vehículo. E a súa insistencia coa bucina saíulle caro. Na zona atopábase patrullando unha unidade de GOA, que procedeu a interceptalo e detelo identificando ao condutor que resultou ser: M. G. D, de Vigo e 32 anos de idade.

Durante a entrevista co citado, os axentes detectaron que amosaba claros síntomas de atoparse baixo os efectos do consumo de bebidas alcohólicas. En consecuencia, procederon a realizarlle as probas preceptivas de determinación do grao de impregnación alcohólica, arroxando estas un resultado positivo de 0.63 e 0.60 mg/l de alcol por aire expirado, o que non excede o límite penal establecido. Logrando coa súa conduta, a correspondente sanción administrativa