Vegalsa-Eroski conmemora o Día das Letras Galegas nas tendas de Vigo. Faino a través das súas enseñas Eroski e Autoservicios Familia cunha tirada especial de 20.000 bolsas de papel, que se distribuirán nas localidades de Sarria e Vigo, lugares de referencia na vida da autora homenaxeada este ano, Xela Arias. En total distriburá 1,3 millóns de bolsas de plástico biodegradable reempregable dispoñibles na súa rede comercial de establecementos propios en Galicia

A compañía dará a coñecer tamén a figura da escritora Xela Arias nestes establecementos a través de máis de 500 carteis conmemorativos sobre a poeta. O compromiso co idioma e a cultura galega é un dos valores esenciais da compañía que se expresan tanto nas súas tendas e marca propia como nas súas colaboracións e patrocinios.

Xela Arias (Sarria, 1962-Vigo, 2003) foi poeta, tradutora e editora. Tras licenciarse en Filoloxía, exerceu como profesora de ensino secundario ata o seu falecemento.