Suscríbete

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Un "escape room" no CEIP Vicente Risco polo Día da Educación Física na rúa

Un momento da actividade

Un momento da actividade

O CEIP Vicente Risco, como conmemoración do Día da Educación Física na rúa e partindo do proxecto de centro “Coidarnos é querernos”, realizou hoxe un 'escape room' no patio do centro para poñer en proba a astucia, audacia e o traballo en equipo de todo o alumnado.

A iniciativa estaba formada por varias actividades de repaso do estudado durante o curso e por unha actividade final cooperativa, na que todo o alumnado tiña que colaborar. A temática centrouse nos piratas, concretamente, en dúas piratas mulleres (Anne Bonny e Mary Read): elas deixaron un cofre cheo de moedas que só eles poderían atopar se superaban todas as probas propostas. Todo dependía da súa pericia e astucia.

Unha das probas da actividade FdV

"Esta aventura comeza xa o martes, cando lle contamos ao alumnado que algo pasa no centro porque teñen que vir uns arqueólogos a investigar. O mércores, colgamos un vídeo cun avatar na web do centro explicando que algo está pasando e que necesitamos a súa axuda e aí comeza a aventura. E hoxe, foi a gran aventura. Os piratas tiveron que sortear numerosas probas. Enfrentáronse a tarántulas que tiñan devolver ao seu niño, buscar coa tablet e a realidade aumentada instrumentos agochados no patio e logo interpretar unha melodía coas claves, pescar peixes que levaban contas de cálculo e resolvelas con éxito, meter a man nunha caixa misteriosa para buscar pistas, descubrir as palabras segredas e localizalas nunha sopa de letras e facer un circuito de parkour… para encontrar o desexado tesouro", contan desde o centro. "Foi unha aventura na que todos conseguiron atopar o cofre e abrilo e descubrir que, efectivamente, estaba cheo de moedas… Si, de moitas moedas. Moitas moedas… de chocolate!", engaden.

Compartir el artículo

stats