A Real Academia Galega celebrará 0 17 de maio o pleno extraordinario do Día das Letras Galegas adicado a Xela Arias en Vigo, a cidade onde a poeta, tradutora e editora viviu dende os sete anos ata o seu pasamento.

Ana Romaní, Marilar Aleixandre e Manuel Rivas serán os académicos encargados de profundar nesta sesión na figura e na obra da autora á que a institución lle dedica este ano o 17 de maio.

A maiores, a Academia estreará na rede tras a Semana Santa unha serie documental de 6 episodios breves sobre Xela Arias e programará tamén micropezas audiovisuais con distintas olladas á súa figura e obra.