Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Vigo cidade olívica

A través da historia as árbores están relacionadas coa humanidade, e coas forzas místicas da natureza. A árbore da vida, é o símbolo por excelencia do universo. Non houbo pobo ou nación que non tivese a súa árbore sagrada. Baixo as súas ramas celebráronse ritos e iniciacións secretas. A oliveira orixinaria de Asia Menor, pertence a familia das oleáceas, de folla perenne resiste o frío e a calor e o seu froito é a oliva, cunha supervivencia de ata 2.500 anos. Levada a América despois do s. XVI polos conquistadores europeos, calcúlanse no mundo a redor de 800 millóns de oliveiras.

A oliveira é a planta mais citada e simbólica desde tempos inmemoriais. No Peloponeso cultivábase no s. III a. C., citada no Corán e na Biblia (Vello e Novo Testamento), e é a sinal que lle indica a Noé a fin do diluvio universal. Árbore sagrada en Grecia, as súas follas coroaban a reis e aos atletas vencedores. A deusa Atenea agasalláballa ao pobo de Ática e, na Odisea de Homero, Ulises arrástrase por debaixo dos brotes das oliveiras. En Roma Horacio menciona o seu froito na súa dieta: “Para min, olivas, escarola, e malva” e Lord Monboddo –comenta- que as olivas eran, en 1779, un dos alimentos preferidos das persoas maiores. Na cultura exipcia é un símbolo de bendición e purificación (tumba de Tutankhamon).

A oliveira é o símbolo da nosa cidade de Vigo, como “Cidade Olívica”. No adro dunha antiga igrexa medieval a redor do s. XII existía unha oliveira plantada polos cabaleiros Templarios (rexedores do templo). No s. XV, constrúese nese lugar a Igrexa de Santa María, erixida Colexiata en 1497. En 1809, na guerra da Independencia, a explosión dun depósito de pólvora a carón da igrexa arrásaa e dana gravemente a oliveira centenaria, sumados a construción da actual Concatedral (1816-1834), hoxe Basílica desde ó 11-08-2020, rodeada polas rúas Palma e Oliva. D. Manuel Ángel Pereyra, administrador de aduanas, foi quen de recoller unha das súas polas para preservala e plantala na súa horta da Porta do Sol para posteriormente transplantala ao Paseo de Alfonso (1859), onde hoxe podemos contemplala. Protexida a oliveira por un cerco de ferro, que Avelino Rodríguez Elías (cronista da cidade, 1926-1936) e os comerciantes Jesús Lorenzo Gil e Xerardo Campos, encárganlle o deseño ao arquitecto Jenaro de la Fuente, inaugurado en 1932 ca seguinte lenda: “Dentro de esta verja, ofrenda de los vigueses a su árbol simbólico queda hoy depositada por ellos la promesa firme de su amor de su lealtad y de su abnegación por la ciudad amada”. Unha ampliación da base de pedra, e despois dun control por tomografía e tratamento con fosfato potásico, o prognóstico de acadar un milenio aínda se fai posible.

O escudo da cidade de Vigo, regulado por un acordo do concello o 7 de abril de 1987, representa un castelo a carón da antiga oliveira, todo nunha illa sobre un mar ondulante significativo do carácter marítimo da cidade. En 1810, Vigo é nomeada cidade polo Goberno da República. A oliveira da nome ao importante periódico “La Oliva” (1856 e1873), Cafetaría “El Olivo”, Club de Esgrima de Vigo “El Olivo”, Federación de Peñas Recreativas de Vigo “El Olivo”, Escola Infantil “Los Olivos”, Miradoiro do Olivo, e o símbolo do Instituto de Estudios Vigueses é unha folla de olivo.

*Psiquiatra e psicanalista. Membro da Asociación Cultural Pertenza

Compartir el artículo

stats