Tiven o pracer de coñecer a Pepe fai algo mais de 20 anos. Pouco a pouco fun descubrindo a aquel mozo de Canido que pasara pola emigración en Holanda e que voltara para a terra, montando unha froitaría que chegou a ter sucursais.

No ano 2000 comezou a súa andadura na AVC Casco Vello, representando a Cachamuiña na festa da Reconquista, daquela un evento duns centos de persoas. De ahí ven o seu alcume no barrio: "Pepe Cachas". Participo u en todas e cada unha das actividades que levamos adiante naqueles anos (Entroido, Rancho de Reis, Maios, Cacharelas, etc). Lembro especialmente a primeira vez que lle prestei o meu traxe para que pudera saír de merdeiro no Entroido, cuestión que fixo ata que o corpo lle deixou.

Home, pai e avó, presumindo sempre da súa descendencia (sobor de todo das e dos netos), era amigo dos amigos, amigo da conversa, un home loitador e traballador, comprometido ata o último alento, implicado en todas as boas causas, na recuperación e mantemento das nosas tradicións, co idioma, coa música, co canto ou co baile, por citar só algúns exemplos.

As portas dunha Reconquista, deixanos o que mais anos representou a Cachamuiña. Sen dubida algunha a partir de agora non será o mesmo. Unha aperta moi grande a familia. Sempre estará no noso recordo para seguir o seu exemplo.

*Portavoz da Asociación de Veciños do Casco Vello