Faltan pouco máis de dúas semanas para que James Rhodes suba ao escenario do Teatro Afundación de Vigo e, quizais para aviar a cita musical, vén de procurar unha prenda que amose o seu viguismo.

A camiseta pola que preguntaba fai dous días nas redes sociais tras verlla a Carlota Corredera en Sálvame xa forma parte do seu armario, tal e como amosou en Instagram.

Mentres que a futura Viguesa Distinguida posúe o modelo negro, Rhodes escolleu o modelo branco da prenda, comercializada baixo o nome de "Vigo TOP" por Mr. Mayor.