O primeiro alcalde da democracia, é tamén modelo inexcusable de comparación política, para evaluar a xestión dos seus mandatos en comparación coas realizacións dos seus sucesores.

Na historia da cidade a honra de inaugurar a etapa democrática é honra que corresponde ó Alcalde-Compañeiro. Nada temeroso das embestidas da oposición política, acadou os pactos necesarios para a redacción do primeiro Plan de Actuación Municipal (PAN), que, financiado a través da Caixa de Aforro Municipal de Vigo, foi a primeira actuación global para remediar as urxencias lacerantes que padecía a cidade

Foi posible acometer a revisión do PXOM, a renovación da flota do lixo en estado calamitoso, e o plan de renovación e mellora dos colexios públicos, froito do bo entedemento co ministro de Educación, o tamén vigués Jose Manuel Otero Novas.

Soto abriu a política de xestión cara o extenso medio rural vigués e promoveu as entidades veciñais como centros de actividade cultural e deportiva. Os dous primeiros anos daquela corporación foron politicamente fatigosos o ter que administrar un laborioso pacto municipal co Partido Comunista, etapa de aprendizaxe dunha nova cultura de consenso, que ninguén mellor ca Soto soupo equilibrar.

A nosas relacións políticas foron tensas no ámbito da vida interna do partido e de responsabilidade, no ámbito da xestión municipal. A calidade humán de Soto demanda o recoñecemento superador da rivalidade orgánica, porque civilizar as relacións na brega política é obriga de tódolos demócratas.

*Exconcelleiro do Concello de Vigo