Baixo o lema "O galego é a fórmula", arredor de 1.700 alumnos de 21 centros de educación infantil, primaria e secundaria de Vigo, Mos, Tui, As Neves e Gondomar participaron onte na etapa viguesa da decimonovena edición da marcha Correlingua, que promove o uso da lingua galega en tódolos ámbitos.

Os centros traballaron nesta iniciativa ao longo do curso, elaborando pancartas, bandas deseñadas, vídeos e outras actividades. Tamén un manifesto para a cita. Os gañadores deste ano foron o grupo Os Toxos, de cuarto da ESO do IES de Carral (A Coruña), que empregaron os símbolos da tabla periódica para amosar que "temos química coa nosa lingua". "O Galego é a fórmula! Nós somos o elemento. Reacción, reacción, reacción...", berraron xuntos os nenos.

Baixo o sol e con altas temperaturas, uns 1.400 alumnos partiron as 11 horas da Praza do Rei -onde o alcalde deulles a saída- e chegaron unha hora despois ao Parque de Castrelos, onde esperaban o máis pequenos, entretidos co espectáculo do músico Paco Nogueiras. Despois da lectura do manifesto, actuaron Cuarta Xusta, os gañadores do concurso Cantalingua. Toda unha festa, presentada pola actriz Isabel Risco.

A marcha percorre doce localidades galega entre o 2 e o 16 de maio, como previa da celebración do Día das Letras Galegas, que este ano adícanse a Antonio Fraguas. A cita está organizada pola CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a Mesa pola Normalización Lingüística, coa colaboración dos concellos de Vigo, Pontevedra, Lugo, Ourense, Santiago e A Coruña, así como as deputacións de Pontevedra, Lugo e A Coruña.