James Rhodes convida a cear a Tamar Novas para curar a súa morriña de Galicia
O pianista deixa constancia en Twitter do prendado que quedou de Vigo

James Rhodes, durante o seu concerto de onte // Marta G. Brea
REDACCIÓN
Semella que Vigo non deixou indiferente a James Rhodes, un pianista afeito a pisar decenas de cidades nas súas xiras internacionais. Xa de volta en Madrid, onde reside dende hai un ano, logo do seu concerto de onte na cidade olívica publicou un par de mensaxes en Twitter nese senso.
Nun deles manifesta, de novo galego: "Boto tanto de menos Galicia que terei que cear con Tamar Novas". O actor galego, que saborea o éxito de Fariña, non se pronunciou en público, pero ambos trabaron amizade nos últimos tempos.
Noutras das mensaxes, esta vez con falta de ortografía incluída, despide Vigo -"o lugar máis bonito"- coa esperanza de volver cedo. Onte tamén tivo caracteres para a audiencia "riquiña" que foi a ver o seu concerto e para o propio auditorio Mar de Vigo: "Este sitio incrible ten un efecto de luz de estrelas opcional".
Ademais de entusiasmar ao seu público onte, Rhodes tivo estes días en Vigo unha intensa actividade que foi relatando nas súas redes sociais, dende os seus intentos co galego á súa visita a Dinoseto.
- El camping más bonito de España está en Pontevedra: totalmente equipado y con vistas a la ría de Vigo
- Muere un lucense de 78 años en la playa de A Lanzada
- Hallan el cuerpo de un niño ahogado en Pedras Miúdas tras dos horas de angustiosa búsqueda
- Tres hermanos buscan a su madre, desaparecida en el aeropuerto de Madrid: 'Tenemos la esperanza de encontrarla con vida
- Bruselas certifica la prórroga ilegal de la AP-9, pero el Gobierno insistirá en apelar
- La tormenta que arrasó Castrelos: Trueno ilumina Vigo
- Viajar a Cíes es misión imposible y Ons solo registra un lleno este verano
- Novos topónimos para os concellos galegos: A Caniza (sen «ñ»), Cangas de Morrazo, O Castro de Caldelas ou Mondariz Balneario (sin guion)