Por mor da conmemoración do Día das Letras Galegas, dende o ano 2000 e co fin de fomentar o uso do galego en tódolos ámbitos da vida social, a Asociación de Veciños do Calvario celebra o Certame de Poesía do Calvario. A entrega de premios desta decimoquinta edición será mañá, día 19 de maio, ás 18:00 horas no I.E.S. Castelao, rúa Aragón nº 20. No acto faráse a entrega de tres premios, un primeiro de 350 euros, un segundo de 250 euros e un terceiro de 150 euros.

No transcurso deste acto haberá una serie de actuacións musicais que animarán o evento. A programación é a seguinte: Coral Polifónica "Riomao" da AV do Calvario, grupo de baile moderno "Star Dance", grupo de cantareiras "As Brincadeiras do Calvario", grupo de cancións de barrio "Os Vellos Ventos", Coral Polifónica "Frol Nova" do C.C.R. de Chapela, recital de poesías, entrega dos diplomas e peche coa interpretación do himno galego polas Corais Polifónicas "Frol Nova de Chapela" e "Riomao do Calvario".