02 de febrero de 2017
02.02.2017
ÚLTIMA HORA
La Fiscalía del Supremo se opone a investigar a Casado por su máster en la URJC
In memoriam // DAVID ÁLVAREZ CARBALLIDO

Un heroe anónimo na historia do comunismo vigués

02.02.2017 | 02:35
David Álvarez. // FdV

Finou hoxe na Fonsagrada, Lugo, unha das persoas que forman parte do inmenso censo de persoas anónimas e públicas que deu a historia do Partido Comunista na cidade de Vigo: David Álvarez Carballido.

Forma parte da historia do comunismo local non por nacemento, que foi hai 94 anos nunha pequena aldea lucense. Forma parte por ser a persoa á que o meu querido Carlos Núñez ven a sustituir en 1964 coa inxente laboura de reorganizar o Partido Comunista de España despois da súa detención e posterior marcha ao ser liberado á Arxentina, de onde chegara uns anos antes despois de ser tamén detido por unha campaña contra os asasinatos franquistas. Foi David incansable traballador para que as memorias do paso por Cárcere de Ventas da imprescindile Mercedes Nuñez, outra viguesa de adopción, verán a luz naqueles anos.

Tanto David Álvarez como Carlos Núñez recalaran en Vigo polas mesmas tarefas de reorganización do Partido Comunista en clandestinidade. Dous anos antes de que Lister e Santiago Álvarez no exilio parisino ofreceran a un recén chegado da Unión Soviética Carlos Núñez o traballo de reorganizar clandestinamente o PCE en Vigo ou Santiago, David Álvarez caía preso nas rúas de Vigo mentras realizaba as mesmas tarefas. De Vigo a Madrid con estación final no penal de Carabanchel. Tivo sorte en ser liberado pronto, porque ter un irmán avogado cando eras un militante comunista clandestino permitiu a súa posta en liberdade pero quedaría marcado para as tarefas clandestinas.

O seu traballo na reorganización do Partido Comunista en Vigo permitiu poñer as bases do futuro nacemento das CCOO, da creación do Partido Comunista de Galicia do que foi membro do seu primeiro comité central, da implantación do PCE no tecido asociativo e cultural da cidade nos tempos oscuros do franquismo dos anos 60. Foi un pai político de moitos de nós. Que a súa loita continúe sempre viva.

* Voceiro do grupo municipal da Marea de Vigo

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 
Este domingo se disputa el Desafío Santander Islas Cíes y en FARO lo celebramos sorteando 10 mochilas oficiales del triatlón. Contesta a las preguntas y luce mochila nueva.

Calendario laboral y escolar 2018/2019

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2018/2019 .

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia