Para principios de Xaneiro
Caballero anuncia a sinatura dun convenio con Citroën
O rexedor socialista defende que estivo metido "de cheo" no problema de Vulcano
EUROPA PRESS
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este mércores que asinará un convenio "nos primeiros días de xaneiro" coa factoría de PSA Peugeot Citroën, de forma que o Concello "entra no apoio activo" á planta automobilística.
Durante un almorzo informativo, o rexedor socialista destacou que o Concello, durante este ano, apoiou "directamente" á factoría PSA Peugeot Citroën e tamén na "intermediación" co Ministerio de Industria. Nese sentido, destacou que "tódolos apoios" do ministerio tiveron a "intermediación" do alcalde.
Asimesmo, asegurou que o programa de axudas á venda de automóbiles do Goberno estivo "parado" e se "rectificou" para que Citroën estivese contemplado" porque, segundo engade, no primeiro borrador, nunha "parte moi importante Citroën quedaba fóra".
Ademais, destacou que Alcaldía asinará un convenio "directamente" con PSA e que se vai rubricar a primeiros de xaneiro e mediante o que o Concello "por primeira vez na historia" entrará no "apoio activo" á factoría, porque esta "o necesita".
Caballero referiuse tamén á última iniciativa do Goberno autonómico no que respecta á axuda á compra de vehículos para comparala co apoio municipal. "A magnitude de recursos que a Xunta dedica a iso é menor que a axuda que lle estamos a dar nós a Citroën a través dun mecanismo que non vou facer público e que mantemos na discreción", asegurou ao respecto.
Así, incidiu en que a cantidade desas axudas "é menor que a axuda que o diñeiro que o Concello está a comprometer" con PSA e que, segundo insistiu, leva "con absoluta discreción". Finalmente, o alcalde incidiu en que "o importante" é que PSA Peugeot Citroën "funcione" e quede" en Vigo.
VULCANO
Por outra banda, Caballero asegurou que o Concello tamén se meteu "de cheo" no problema do estaleiro Vulcano --que finalmente conseguiu o aval para un crédito que lle permita concluír un buque sísmico-- e reivindicou o apoio de Pymar e o Goberno central a esta empresa con "72 millóns de euros", fronte aos "17 millóns" da Xunta. "Ao naval manteno nesta cidade o Goberno de España", espetou.
Nese sentido, Caballero destacou que el non se pasa "todo o día" visitando a factoría e pediu a algúns "que paseen menos e traballen máis", en alusión ao conselleiro de Economía, Javier Guerra.
- Muere el icónico presentador Xosé Manuel Piñeiro
- De ganar el bote de Pasapalabra a ocupar un alto cargo en el Ministerio de Interior
- No era Carlo Costanzia: el miembro de la familia Campos que podría fichar por 'Supervivientes 2025
- José Manuel Parada responde tajante al comunicado de Anabel Pantoja sobre su hija: «Como periodista pido respeto»
- «Vivo con la angustia de si va a conseguir salir para quitarse la vida»
- Qué es el mieloma múltiple, el cáncer incurable que sufría el presentador de TVG Xosé Manuel Piñeiro
- Portugal lanza una alerta por lluvia, viento e inundaciones que llega a Galicia
- Cierra uno de los locales más míticos de Churruca