Francisco Fernández del Riego - Director da Biblioteca Penzol
"Nunca percibín un céntimo; é máis, a Penzol costoume cartos"
"É unha biblioteca insólita; con moito, a mellor de Galicia"

Francisco Fernández Del Riego. / J. Lores
javier mosquera
Francisco Fernández Del Riego deja la dirección de la Biblioteca Penzol después de 46 años de dedicación plena sin haber percibido nunca compensación económica alguna. A la espera de la confirmación del Patronato, el relevo será efectivo a primeros de año, cuando don Paco haya cumplido ya los 97...
-¿Cal é o significado da Biblioteca Penzol na cultura galega?...
-A Penzol foi fundada exclusivamente para a formación de investigadores. Cando a Universidade estaba de costas ao país, a Penzol fundou tres seminarios. Un de Socioloxía e Economía, un de Lingüística e outro de Literatura e Historia, para ir formando xente en problemas de Galicia. E tiña unha biblioteca insólita, a mellor biblioteca de Galicia, superior a cantas existían ata entón.
-¿Era moi consultada?
-Durante o tempo que eu exercín, non soamente viñeron universitarios de Galicia e España senón tamén do estranxeiro, fundamentalmente de Francia, Italia, Alemania e Norteamérica que atopaban libros e documentos, moitos de gran valor, imposibles de encontrar no mercado.
-¿Qué abarca ese Arquivo?...
-Ten unha parte medieval, dos siglos XIII XIV e XV en galego, catalán e latín. É un material para investigadores, non é unha institución para o gran público, é para universitarios xentes que preparan tesis doutorais o fan traballos concretos de investigación.
-E cal era a súa misión?
-Era estar ao frente e axudar no que puiden durante ese tempo a toda a xente que visitaba a institución...
-E sempre de forma altruista..
-Sempre, nunca percibin un céntimo. É maís, a Penzol costoume cartos, tiven que poñer moitas veces diñeiro propio.
-Durante o tempo que estivo ao frente da biblioteca, ¿Incrementáronse moito os fondos?...
-Moito, moito... Tanto polos que eu doei persoalmente como por os aportados por editoriais ou outras institucións grazas as miñas xestións. Cada día siguen incrementándose máis, tanto que xa non teñen cabida na sede actual, Na Casa Galega da Cultura, donde comparte espazo coa miña doazón. A Penzol conta con máis de 43.000 libros, máis de 2.500 publicaciones periódicas, manuscritos, mapas, planos, tesis doutorais, microfichas, ademáis de un importante arquivo sonoro e fotografías.. . Eu doeille a colección completa de todos os libros galegos editados en Bos Aires e un álbum de caricaturas de Castelao. Tamén lle donei tódolos proxectos e debuxos que fixera Gómez Román, que mos deui para que fixera o que quixera con eles... Entreguei a colección completa das revistas Industrias Pesqueiras e Industrias Conserveiras e unha importante colección de libros portugueses, entre outros moitos. Eu creo que lle din máis de mil libros...
- Andrés Millán, abogado laborista: «Nunca me jubilaría 24 meses antes, como mucho lo haría 19 o 20 meses antes»
- Aurelio Rojas, cardiólogo, recomienda este cambio cuando salgas a caminar: «Es como pasar de ver la tele a entrenar tu sistema cardiovascular»
- Si ves una cría de pájaro caída del nido, no la cojas: esto es lo que dice la Sociedad Española de Ornitología
- Un joven hereda este «minipueblo» en Ourense y busca vecinos para revitalizarlo: casas a la venta desde 7.000 euros
- Vuelos ya cancelados y billetes «trampa» en Santiago: despega la operación cierre de Lavacolla
- Un tiktoker logra acceder a la Isla de Toralla y muestra a sus seguidores lo que nunca se ve: «Qué locura»
- El nuevo AVE de Vigo se estrena con récord en tiempo mínimo de viaje y llegando con adelanto
- Antonio Guerrero, gastroenterólogo: 'El cáncer de hígado es asintomático, pero una simple ecografía puede salvarte la vida