16 de diciembre de 2007
16.12.2007

Teresa Táboas, conselleira de Vivenda e Solo: "Imos endurecer as sancións por fraude na vivenda protexida"

16.12.2007 | 01:00

Muller de alto voltaxe, cálida e fresca no vis a vis. Aínda, por fortuna, non fala como unha política. Aínda. A esta filla de emigrantes de Carballiño e Beariz, licenciada en Arquitectura en México e doutorada en A Coruña, apréciaselle pronto a densidade e alcance da súa visión, coincidamos ou non con ela, e o seu espírito combatente. Falta faille agora, metida como está como conselleira de Vivenda (do BNG) na batalla por un cambio de sensibilidade cultural que racha costumes e afecta intereses. Nada menos que todo un programa de vivenda para Galicia do que falou no Club FARO.
- Ten vostede nas súas mans un anteproxecto de lei de vivenda que vai traer cola...
- A sustancia filosófica deste proxecto é que por vez primeira ten en conta a vivenda, máis alá das declaracións de principios, como un ben de uso e non de consumo. Outro aspecto é que se endurecen as sancións sobre fraudes tanto na venda como no uso da vivenda protexida.
- Na Lei de Ordenación do Territorio e do litoral aprobada este ano hai unha disposición adicional que recolle a posibilidade, por parte da Xunta, de utilizar os plans de incidencia supramunicipal para promover vivendas protexidas...
- Certo. A única especulación expresamente prohibida na Constitución é a do solo (art. 47). Sen embargo, os poderes públicos non actúan e queda a expensas do mercado libre; salvo cando as forzas políticas no poder entenden que hai que pasar do papel á práctica ese dereito constitucional a unha vivenda digna. Esa é a nosa decisión dende o actual goberno galego e, máis concretamente, dende a miña consellería.
- Sobre que hai que actuar?
- Sobre o solo porque é onde ten lugar a especulación. Non é o prezo da construción, que variou moi pouco nos últimos anos. O que se multiplicou foi o prezo do solo así que puxemos en marcha a posibilidade de facer proxectos sectoriais de solo para vivendas protexidas, antes imposible. É dicir, que a Xunta pode chegar a un concello sen planeamento, estimar unha demanda de persoas que precisen alí unha vivenda, delimitar un ámbito, comprar ou expropiar o solo e facer alí as vivendas.
- Non son novos os fraudes na adquisición ou uso de vivendas de protección...
- Hai que acabar con eles porque é de todo punto inaceptable que iso se faga en vivendas protexidas da especulación con recursos que os cidadáns pagan a través dos impostos.
- En Vigo houbo hai pouco a primeira denuncia colectiva, a de Navia...
- Certo. 47 familias confiaron neste Goberno, confiaron en que a Administración pública por primeira vez ía dar resposta a súa demanda. Abrimos expediente por sobreprezos e acabou cunha sanción a unha promotora viguesa de 5,5 millóns de euros. Agora hai outro aberto. Temos que ser moi contundentes e por iso endurécense as sancións no novo anteproxecto de lei de vivenda.
- Que política de vivenda había entón ata agora?
- Ningunha. Deixábase en mans do mercado libre porque a forza política no poder entendía que era o mercado libre quen debería darlle resposta a esa demanda de vivenda. As consecuencias son as que temos hoxe en día.
- Quéeconsecuencias?
- Mire, o mercado libre actúa por espasmos e sempre dende posicións individualistas e polo tanto egoístas, non pendentes do ben colectivo. O que tratamos de facer nós é darlle a dirección correcta a un barco que ía á deriva.
- E cal é para vostedes a dirección correcta?
- Un mercado que ofreza vivendas a prezos limitados para que a xente poida acceder a elas e non teña que pagar máis do que pagan en outros países da Unión Europea. España é o Estado da UE que ten máis vivendas por cada mil habitantes pero tamén, paradóxicamente, onde maior esforzo teñen que facer as familias para aceder a elas.
- Ou sexa...
- Ou sexa que hai unha perversión. Estase a utilizar a vivenda como un ben para especular. Mentres en países como Alemaña unha familia ten que facer un esforzo do 25 por cento dos ingresos para mercar unha vivenda -do 19 nalgún outro país-, en España é do 40 por cento.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2018/2019

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2018/2019 .

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia