Entrevista | José López Campos Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude
«Máis alá da relación coa Alcaldía, a implicación da Xunta con Vigo é incuestionable»
López Campos pon en valor a aposta cultural que está a facer a súa Consellería na cidade, a «máis ambiciosa dos últimos anos»
«Unha base de datos permitirá ao paciente elixir que seu médico o atenda en galego»

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. / Xoán Álvarez
Unha das queixas recorrentes en Vigo é a pouca oferta de programación cultural.
É moi dificil programar en Vigo, e a Xunta no ámbito cultural está facendo a aposta máis ambiciosa dos últimos anos con diferenza, como co Cine Fraga. Independentemente da relación coa Alcaldía, a implicación da Xunta con Vigo é incuestionable en todos os ámbitos, como a vivenda ou o universitario. No fondo, aínda que a xente perciba que pode haber certo nivel de crispación, hai unha relación que resolve e desbloquea e pódense facer cousas importantes tamén no edio cultural, con centro e base no Cine Fraga.
Precisamente o Cine Fraga vai con atraso. Por que?
Había unha cuestión moi importante, a polivalencia do edificio para poder acoller representacions con público sentado ou de pé. Requiriou máis tempo, pero conseguiuse unha solución e neste mes imos ter xa finalizada a redacción do proxecto construtivo. A partir de aí comeza unha nova etapa.
E sobre o Xacobeo, hai prevista algunha programación especial?
Este Xacobeo vai ser moi especial. O Presidente quere imprimir un toque cultural. Hoxe Galicia, a parte de natureza, paisaxe, patrimonio e gastronomía, é cultura. E nós temos o compromiso de unir esa marca Galicia Calidade e a marca Xacobeo coa nosa cultura e a nosa idiosincrasia. Non hai mellor vehículo para exportar a nosa cultura fóra.
O nomeamento da directora do Centro Galego de Arte Contemporáneo provocou un rexeitamento case unánime do sector. ¿Non ve paradóxico esixir consenso e participación para o plan da lingua mentres a dirección do CGAC se decide por libre designación?
Aquí a pregunta é se cumplimos a lei ou non. Non só se cubren estas plazas por libre designación no CEGAC, faise en moitos outros museos. Se é o mellor modelo é discutible, pero é o que temos e o CEGAC requería un cambio. Esta era a única forma, senon tíñamos que esperar dous ou tres anos para facer un plan director e debatir os modelos de gobernanza. Eu entendo as críticas e vexo unha oportunidade, paréceme lexítimo abrir o debate, pero non se pode decir que non foi un proceso público, aberto ou participativo, porque o foi. Outra cousa é que só o fose entre persoas funcionarias, como exisía a norma. De todas as persoas que se presentaron, entedíamos que Eva López era o perfil da persona máis axeitada, e isto vainos permitir falar do plan director e do modelo de gobernanza.
Suscríbete para seguir leyendo
- La Europol incluye en su lista de más buscados a una mujer que se hizo pasar por médica en Lugo y A Coruña
- Galicia, entre las pocas autonomías con residencia oficial para su presidente: Monte Pío costó 9 millones
- Un turista franco-argentino en aislamiento en España tras dar positivo en hantavirus
- Alfonso Rueda: «Hemos reducido ya un 40% las bajas laborales en algunas zonas donde vimos que había disfunciones»
- Galicia pasa de cero «megaincendios» de más de 10.000 hectáreas a al menos siete en solo cuatro años
- Tregua al verano en Galicia: la lluvia se volverá a dejar ver en toda la comunidad desde esta tarde, apunta MeteoGalicia
- La brecha de género en la enseñanza se agudiza en Galicia, que lidera la feminización de las aulas en España
- Casi la mitad de los ciclos ordinarios de FP en Galicia ofertan plazas para septiembre, sobre todo en Administración, Hostelería e Informática