A Xunta móstrase «en condicións» de «moverse» da súa posición para chegar a un acordo sobre o galego
O presidente da RAG recorda que eles xa propuxeron con anterioridade a necesidade dun pacto en relación á situación «delicada» da lingua

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, reunido co presidente da RAG, Henrique Monteagudo / Cedida
E. P. | R. S.
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, pediu este xoves á oposición política un «esforzo especial e extraordinario» sobre as cuestións abordadas na proposta da Xunta para actualizar o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, así como que entendan o documento como un «paso adiante» por parte da Xunta. «Creo que hai pasos importantes onde este documento acredita que estamos en condicións de movernos da nosa posición para intentar poder chegar a unha negociación», clarificou.
Un día despois da presentación do documento nun multitudinario acto, o titular de Lingua entregou ao presidente da Real Academia Galega (RAG), Henrique Monteagudo, a versión impresa do plan, de case 400 páxinas. Este último recordou que a institución que dirixe xa propuxo con anterioridade a necesidade dun pacto en relación á situación «delicada» do galego e a outros factores, como o «desacordo político importante». «A grandes males, grandes remedios», suxeriu. Ao respecto de como este «se vai traducir en medidas de goberno», cre que iso «xa é outra fase distinta da acción de goberno».
Así, López Campos considera que estas primeiras declaracións «poden ser froito do descoñecemento», dado que ve «imposible» analizar «en profundidade» un documento «tan complexo» en pouco tempo. É por iso que espera que exista a «tranquilidade» para analizar a situación e «debatir a diverxencia». «Evidentemente hai posicións distintas», admitiu, ao tempo que engadiu que «é moito máis o que nos une que o que nos separa».
Preguntado en concreto polo disenso político polo decreto de plurilingüismo, que deixa ao castelán as materias de ciencias, o conselleiro insistiu en que ceñir o plan a esta cuestión é «unha visión reduccionista», aínda que remarcou que en ningún caso suporá «unha liña vermella» para alcanzar un acordo. Deste xeito, igual que na xornada anterior, indicou que o Goberno galego está disposto a realizar «axustes» nas distintas normas «sempre que dean condicións para un acordo», así como «un equilibrio lingüístico».
Fuente: El Correo Gallego
- Ya está el calendario escolar 2026-2027 en Galicia: fechas de inicio de curso, vacaciones y claves para la conciliación familiar
- Cada año 200 profesores piden compaginar la docencia con otro puesto de trabajo
- Galicia vuelve a alcanzar esta semana los 40 ºC: una cuarentena de concellos en alerta naranja
- La Europol incluye en su lista de más buscados a una mujer que se hizo pasar por médica en Lugo y A Coruña
- La Xunta aumenta casi un 20% la ayuda máxima para que las personas con dependencia contraten asistentes personales
- Cada año 15 mujeres renuncian a sus bebés recién nacidos en Galicia
- El caos en la propiedad y la desconfianza frenan las agrupaciones forestales en Galicia
- Activada la alerta roja por calor en 16 concellos del interior de Pontevedra para este sábado