Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Turismo

É posíbel un turismo sustentábel? Unha xornada do Consello da Cultura Galega procura a resposta

A metade do comercio local de vilas como Santiago rexeita o perfil actual dos visitantes e Vigo comeza a mosar «sinais de saturación social» na tempada das luces de Nadal

Peregrinos en la Praza do Obradoiro, en Santiago.

Peregrinos en la Praza do Obradoiro, en Santiago. / Antonio Hernández Rios

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Carmen Villar

Carmen Villar

Santiago

Os galegos danlle un aprobado xustiño ao turismo, cun 5,6 de nota medido en apreciación nas redes sociais, segundo un estudio realizado pola Universidade de Baleares. Porén, esa percepción empeora nos meses do verán, cando as rúas concentran un número maior de visitantes. Dende o Consello da Cultura Galega convocan unhas xornadas que se celebrarán este martes e que procurarán responder precisamente á pregunta de se «é posíbel un turismo sustentábel».

Dende a institución que dirixe agora Dolores Vilavedra defenden que o tema dá pé a un debate de «moita actualidade, en Galicia e en Europa, dende a consulta e a participación da sociedade, da empresa, das administracións e das persoas expertas» e parten dun contexto de desenvolvement das actividades turísticas que en Galicia foi «exponencial» no decurso das últimas décadas.

Á parte do turismo de peregrinación a Santiago, a comunidade conta con turismo de costa —na actualidade en evolución para ser «parcialmente» substituído polo turismo climático, sinala o CCG— e, en menor medida, de xeito «más cualitativo e menos cuantitativo», o turismo rural, de natureza ou cultural e de aventura.

Reformular ou limitar

No caso de Galicia, o diagnóstico previo realizado polo CCG incide en que hai procesos sociais abertos que «cuestionan abertamente a sostibilidade da enxurrada turística actual e promoven a súa reformulación e mesmo a súa limitación». Esta situación dáse, sinal, en Compostela, pero tamén no Morrazo (Pontevedra) ou na Mariña, nomeadamente no verán, mentres Vigo, indican, comeza a amosar «sinais de saturación social na tempada das luces de Nadal».

O caso particular de Santiago foi analizado a artir dunha enquisa feita entre a Universidade de Santiago e a de Vigo que evidencia que a metade dos comerciantes locais se amosaron en contra do perfil actual de turismo e que cae un 55% ten unha clientela local. Polo que respecta aos viciños da cidade, máis dun 90 por cento rexeitan dedicar a cidade histórica só aos turistas y unha terceira parte prefire outra clase de visitantes, «máis respectuosos».

Nese contexto, para o CCG, de feito, cómpre non só debater que turismo é sostíbel, senón mesmo se ese turismo existe. Tres persoas expertas debatirán na xornada sobre ese punto e pechará o día unha mesa redonda cun empresario rural, a rexidora de Allariz e unha representante veciñal da zona máis exposa ao Camiño de Santiago da cidade de Compostela, o barrio de San Pedro.

Suscríbete para seguir leyendo

TEMAS

Tracking Pixel Contents