Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Día das Letras Galegas

O galego inunda Santiago nun 17 de maio de reivindicación e festa: «Begoña Caamaño tería estado aquí con nós»

Milleiros de persoas denuncian a situación da lingua nunha mobilización multitudinaria

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Belén Teiga

Belén Teiga

galego enche este domingo as rúas dun Santiago de Compostela no que se mestura o ambiente reivindicativo do 17 de maio, Día das Letras Galegas, e o pouso das festas da Ascensión. Nunha mañá na que as nubes e o sol intercalanse no ceo, milleiros de persoas chegadas de todos os recunchos do territorio tomaron a Alameda para defender o futuro da lingua.

Ao son de gaitas pandeiretas e entre berros de "agora e sempre queremos galego" e "a Galiza en galego", os cidadáns presentes foron protagonistas nunha manifestación na que se deixaron ver políticos, activistas e outros persoeiros da cultura galega. As pancartas en defensa do idioma convertíronse nun elemento máis da paisaxe da capital galega que vive estes días as súas festas.

"Chegamos a este día as máis de 400 entidades sociais que elaboraron o protocolo Lingua Vital cos deberes feitos. Somos a alternativa para reverter a situación de emerxencia lingüística. Pola contra, temos un Goberno da Xunta que se mantén no anuncio permanente e o único que vemos son accións regresivas contra o galego", sinalou o presidente da Mesa pola Normalización LingüísticaMarcos Maceira, antes de que dera comezo a mobilización que percorreu as rúas do Ensanche para rematar na Praza da Quintana.

O galego inunda Santiago nun 17 de maio de reivindicación e festa

O galego inunda Santiago nun 17 de maio de reivindicación e festa / Jesús Prieto

Entre os presentes, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, quen sacou peito "por unha lingua propia" nun día no que a cidadanía expresa "que ama o galego". "Levamos 17 anos de derribo do PP contra a lingua que nos une", exclamou, ao tempo que sinalou que "quere enmascaralo baixo ese paraugas do plurilingüismo que é un timo". Tamén Paulo Carlos López, de Sumar Galicia, acudiu á manifestación, suxeitando, de feito, a mesma faixa que Pontón.

A Praza do Quintana, punto onde finalizaba a mobilización, converteuse no escenario dunha "gran foliada", mentres a poucos metros, na rúa Nova, a Real Academia Galega celebraba o pleno extraordinario deste Día das Letras Galegas dedicado a Begoña Caamaño e a Xunta conmemoraba a súa figura nun acto institucional.

Tracking Pixel Contents