Pontón reproba o discurso «triunfalista» de Rueda en Fin de Ano, reflexo dun Goberno «en punto morto»
A portavoz nacional pon o foco na vaga de incendios, afeando a falta de desculpas de Rueda, e na indignación pola sanidade e Altri

Ana Pontón, en una comparecencia. / Cedida
E. P.
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, lamentou que a mensaxe de Fin de Ano do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, fose un discurso «triunfalista» e «afastado da realidade», reflexo dun goberno «en punto morto e sen ambición de país».
«Este discurso de fin de ano de Rueda é un retrato de como é o seu goberno: un goberno en punto morto, sen ideas, sen proxecto e sen ambición de país, que fai que os galegos e as galegas cada vez vivan peor», valorou a nacionalista nun comunicado.
Para Pontón, Rueda termina 2025 «facendo o que mellor se lle dá: difundindo propaganda e mentiras», en referencia ao anuncio da construción de 4.000 novas vivendas para esta lexislatura, «un bulo para tapar que leva 16 anos de goberno popular fomentando a especulación».
A portavoz nacional cualificou de «especialmente grave» que o líder da Xunta non se haxa nin desculpado nin fixese autocrítica pola vaga de incendios que azoutou Galicia este verán, «que quere unicamente liquidar co bulo de que chegaron as axudas a todas as persoas afectadas».
«Fala de protexer a quen máis o necesita, pero o goberno de Rueda é insolidario e, por iso, conxela o complemento autonómico das pensións máis baixas, as non contributivas, mentres lle baixa os impostos aos máis ricos e aos que teñen máis patrimonio», remarca.
Afea tamén que o trato «inxusto» do Goberno popular aos migrantes, «traendo aquí discursos de odio e racistas». «Eses discursos non representan aos galegos e as galegas porque somos un país de acollida», defende.
Ana Pontón refírese tamén á intención do Executivo autonómico de «non indignar», afirmando que a realidade é que Rueda ten nesa situación a miles de galegos «pola deterioración da sanidade pública ou pola imposición da bomba ambiental de Altri». «Rueda fala de non indignar mentres practica a crispación, a confrontación e o insulto», remarca.
«Por moito que Rueda tente dar a Castelao por superado, a realidade é que o seu pensamento político segue máis vixente que nunca porque a Galicia soñada por Castelao non se parece en nada á que nos deixan 16 anos de Goberno do PP que serían para Castelao 16 anos de 'Atila en Galicia' porque nos deixa un país que vai a menos, cando temos todo para gañar», conclúe.
- Un barco de la viguesa Opnapa recaptura un atún patudo marcado por los científicos hace casi diez años
- El Sergas abre el plazo para que parte de la población del área viguesa elija entre ser atendido en el Chuvi o en Povisa
- Muere Carlos López, jefe de Ginecología del Chuvi y descendiente de Ramón y Cajal
- La Xunta abre plazo para que las familias apunten a sus hijos en los campamentos de verano: tiempos, precios y oferta
- Portugal arranca los trabajos del AVE desde Oporto y coloca la «primera estaca»
- Obramat, líder en material de construcción, abre su gran almacén de 6.000 metros en San Cibrao
- «La oscuridad total será de hasta 30 segundos en el Altar do Sol»
- La Xunta declara 1.307 hectáreas para caza libre con cupos de seis zorros y cinco jabalíes