Estudantado das tres universidades quere participar no acordo de descentralización de Medicina: «Non se nos preguntou»
Urxen a creación do Consello do Estudantado Universitario Galego para poder participar nas decisións da Xunta en materia universitaria

Representantes dos Consellos do Estudantado da USC, UDC e Vigo, reunidos o pasado venres en Santiago. / Cedida
Lorena Rey
Os consellos do estudantado das tres universidades galegas -USC, UDC e UVigo- reuníronse o pasado venres 12 de decembro en Santiago, no Salón Reitoral de San Xerome, co obxectivo de reivindicar a creación dun Consello do Estudantado Universitario Galego (Ceugal). Consideran que é necesario este órgano de representación para garantizar a participación efectiva do estudantado nas políticas universitarias da Xunta de Galicia.
Esta solicitude evitaría quedar fóra de acordos como o da descentralización do grao de Medicina, «un acordo proposto pola Consellería xunto cos reitores das tres Universidades que non contou coa participación do estudantado». Ao respecto inciden en que «este feito levou a que as necesidades e intereses deste colectivo quedasen á marxe, dándolle prioridade aos intereses políticos das Universidades e da Xunta». Desta maneira, como máximos órganos de representación do estudantado galego, reiteran a «urxencia» de traballar nun novo acordo de descentralización "coa presenza dende o comezo do estudantado", sobre todo do de Medicina, que «é o principalmente afectado», segundo explica a EL CORREO GALLEGO a vicepresidenta do Consello de Estudantado da USC, Iria Liñares.
Asegura que o acordo pactado entre os tres reitores e a Xunta «para nós non ten ningunha validez porque non se nos preguntou» e, tras incidir en que ese documento quedou en «papel mollado», están á expectativa das conversas entre o decanato e o reitorado para posicionarse públicamente sobre a opinión do alumnado universitario ao respecto.
Á espera dunha resposta da Secretaría Xeral de Universidades
«A necesidade de ter esta xuntanza tivo como motivo a ausencia dunha resposta da Secretaría Xeral de Universidades dende a reunión telemática que mantivemos coa mesma o día 7 de maio. Neste encontro pasado, a Secretaría Xeral comprometérase a revisar a proposta co acordo dos reitores das tres universidades. Malia ter o apoio dos nosos reitores, non chegamos a recibir noticias, polo que nos vemos na obriga de reivindicar novamente, de forma activa, a constitución do Ceugal, e a nosa inclusión no Consello Galego de Universidades», indican nun comunicado conxunto os tres consellos do estudantado.
Son tres os motivos polos que ven preciso a creación do órgano. «En primeiro lugar, a creación dun Consello serviría para que a Secretaría Xeral de Universidades e a Xunta de Galicia coñezan as necesidades e reivindicacións do estudantado universitario galego, así como ocorre noutras comunidades autónomas como Andalucía, Cataluña ou Madrid», señalan. A maiores, isto levaría a que «Galicia tivese outro voto no Consejo de Estudiantes Universitario del Estado», órgano de participación do estudantado no Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.
Ademais, os estudantes aportan que o Ceugal ten o obxectivo de «cohesionar o estudantado galego das tres universidades públicas, favorecendo a coordinación entre campus, o intercambio de información e a defensa conxunta dos nosos intereses económicos e sociais».
- La Xunta autoriza por primera vez repoblaciones de pino francés para elevar la producción
- La Xunta estrena este año la evaluación de diagnóstico digital con 45.000 alumnos
- Medio Rural busca relevo para evitar el abandono de explotaciones agrarias: ya facilitó tres traspasos
- Las variedades de pino francés podrían crecer hasta un metro más en Galicia, según un estudio
- De Galicia a África a precio de saldo: billetes de avión desde solo 25 euros para cambiar de continente
- «Con Groenlandia está en juego el futuro»
- Los jefes de las Urgencias se rebelan ante el «riesgo de colapso» y piden más personal
- La Fiscalía, sobre las inspecciones en residencias en Galicia: «Podría pasar por la cocina y abrir una nevera»