Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

«Francophon’IA»: as xornadas que poñen a Santiago a falar francés

Os días 14 e 15 de novembro tiveron lugar as xornadas Francophon’IA na facultade de Filoloxía da USC, en Santiago de Compostela

Os días 14 e 15 de novembro tiveron lugar as xornadas Francophon’IA na facultade de Filoloxía da USC, en Santiago de Compostela

Os días 14 e 15 de novembro tiveron lugar as xornadas Francophon’IA na facultade de Filoloxía da USC, en Santiago de Compostela / FEAPF

A Federación Española de Asociaciones de Profesores de Francés (FEAPF) coa colaboración loxística da recentemente renovada Asociación de Profesores de Francés de Galicia (APFG), fixeron de Santiago unha «embaixada» da lingua francesa coas xornadas Francophon’IA.

Durante día e medio, obradoiros pedagóxicos impartidos por destacados profesionais chegados de Galicia, Francia e Québec compartiron protagonismo con mesas redondas e conferencias sobre o uso e convivencia das IA no mundo educativo actual. O encontro de formación pedagóxica reuniu a preto de 200 profesores de francés de Galicia, de diversos puntos da Península e incluso do norte de Portugal

Tamén contaron coa presenza de Cynthia Eid, presidenta da Federación Internacional de Profesorado de Francés (FIPF) e de Damien Guyard, Agregado Cultural da Embaixada de Francia en Madrid. Ademáis, colaboraron un amplo número de editoriais, a Facultade de Filoloxía da USC e a Consellería de Educación da Xunta de Galicia. 

Foi unha valiosa oportunidade para que o profesorado puidese reunirse, intercambiar experiencias e reflexionar sobre as problemáticas e os desafíos ligados ao ensino desta lingua.

Tracking Pixel Contents