De regreso ás raíces
O programa Retorna Cualifica Emprego garante contratos indefinidos e acompañamento integral aos galegos e galegas do exterior que regresan a Galicia

Ezequiel, Macarena y Christian, participandes do programa Retorna Cualifica Emprego.
Retornaron a Galicia grazas a unha oportunidade que lles cambiou a vida. As historias de Ezequiel, Macarena e Christian —tres mozos que decidiron cruzar o Atlántico para construír o seu futuro na terra dos seus avós— son hoxe o mellor exemplo do que Galicia está a conseguir. Tras anos en Bos Aires e Montevideo, cada un atopou no programa Retorna Cualifica Emprego o impulso que lles permitiu volver e incorporarse ao mercado laboral galego de maneira acompañada, segura e planificada.
Detrás deles hai un modelo que Galicia está a desenvolver: un sistema propio de captación e retorno de talento, integral e ordenado, que xa comeza a converterse nun referente en España. A folla de ruta da Xunta aposta por sumar persoas traballadoras —por conta allea ou propia— en función das necesidades reais das empresas e garantindo sempre a estabilidade tanto das persoas como do tecido produtivo.
Esta estratexia abrangue dous eixos principais: por unha banda, os galegos e galegas do exterior e, por outra, os traballadores de terceiros países. En ambos casos, a colaboración coas empresas resulta esencial para favorecer unha inmigración ordenada e facilitar a integración sociolaboral das persoas participantes. Detrás das cifras, hai historias persoais como as de Ezequiel, Macarena e Christian, galegos de orixe que decidiron dar o paso grazas ao programa Retorna Cualifica Emprego.
Das Américas a Galicia
Ezequiel González, de Bos Aires, leva seis meses instalado en Galicia, traballando nunha das grandes adegas do país: Martín Códax. A súa conexión coa terra vén de lonxe: os seus avós eran galegos de Ourense e el mesmo tiña xa a nacionalidade española tramitada hai anos. Coñeceu o programa hai tempo, aínda que non deu o paso de contado: «Junté toda la documentación que necesitaba, que básicamente era la documentación de mis abuelos para poder inscribirme», lembra.
Durante unha primeira etapa non atopaba ofertas vinculadas ao seu perfil como xornalista, pero todo mudou cando incluíu no currículo a súa especialización no mundo do viño —dous anos de estudo como sommelier e traballo freelance en Bos Aires— e participou na feira de emprego organizada na capital arxentina, á que acudiron varias empresas galegas. A través dunha fundación, o seu perfil chegou á adega na que hoxe traballa e na que sente que encaixa plenamente:«La verdad que lo que me trajo Galicia fue una oportunidad única de poder venir a trabajar a una de las bodegas más importantes que tiene España. Y a trabajar en algo que amo, que es el vino».
O proceso administrativo e a chegada non foron unha carreira en solitario. Ezequiel insiste no acompañamento recibido:«Desde la Fundación como desde el programa me acompañaron para hacer todos los pasos hasta llegar aquí. Me ayudaron a, por ejemplo, poder sacar el DNI en España, a asentarme, a saber qué tipo de documentación presentar para cada paso. Así como también en la conexión que hicieron con la empresa para poder conseguir este trabajo».
A historia de Macarena, de 20 anos, tamén arrinca na Arxentina e ten como fío condutor a memoria familiar. A súa avoa naceu en Meis (Pontevedra) e emigrou a Bos Aires con 15 anos; en 2023 quixo regalarlle á neta unha viaxe á súa terra natal. A estancia en Galicia deixouna marcada: á volta a Bos Aires, confesa que regresou triste e que non quería quedar alí, e foi entón cando comezou a aforrar e a pensar seriamente en probar sorte neste lado do Atlántico.
O contacto co programa chegou a través da súa nai, moi pendente das oportunidades da Xunta:«Ella vio en Instagram de la Xunta de Galicia que estaban con el programa de retorno cualifica empleo», explica. A inscrición foi rápida, e pouco despois chamárona para participar na feira de emprego do Club Español de Bos Aires. Tras pasar por varias fundacións, chegou á entrevista coa empresa na que hoxe traballa, un restaurante de inspiración arxentino-galega con sede en Pontevedra e Poio. A elección tivo tamén unha forte carga emocional:«Hice la entrevista con el Milonga, me gustó mucho. Además era un restaurante argentino gallego».
Alén desa pegada emocional, Macarena pon en valor o acompañamento práctico que recibiu:«Sí, el programa la verdad que desde el día uno que se portaron muy bien conmigo, ellos me ayudaron tanto a decirme los trámites que tenía que hacer antes de ir a España, o sea todo lo que yo ya tenía que tener hecho. Y cuando llegué acá, me llevaron a hacer la cita del DNI, me ayudaron a sacar un montón de turnos que yo no sabía dónde tenía que hacerlo».
Aínda que agora está centrada na hostalaría, non ve aí o final do camiño: quere retomar os estudos de Psicoloxía, que xa iniciara na Universidade de Bos Aires, e valora a opción da universidade a distancia en Galicia mentres continúa traballando.
No caso de Christian Riefel, o itinerario de retorno parte de Uruguai e combina oportunidade profesional e memoria familiar. O programa chamoulle a atención por primeira vez nas redes sociais, aínda que daquela decidiu non continuar cos trámites. Todo cambiou cando o plan empezou a aparecer nos medios de comunicación.
As razóns para dar o salto mesturan a situación económica en Uruguai, o desexo de progresar e a historia do seu avó, orixinario de Gondomar:«Él era aquí de Gondomar y él se fue a los 18 años, se fue para Uruguay, y le fue muy bien. Mi pensamiento era: si él lo pudo hacer y lograr y salir adelante cuando él fue para Uruguay, ¿por qué yo no podía volver a hacerlo en su tierra?».
O contacto efectivo co programa materializouse a través dunha fundación colaboradora e dunha feira de emprego en Montevideo:«En el primer momento que yo me anoté a Retorna, ellos se comunicaron conmigo, justo iba a haber una feria de empleo en Montevideo, me invitaron a ella y ahí yo tuve la primera entrevista con la fundación. Ellos de alguna manera te postulan, ellos tienen contacto con las empresas».
A súa experiencia previa en supermercados foi determinante para o destino laboral en Galicia:«Yo en mi currículum tengo varios oficios, uno de ellos es el que más tiempo tuve, fue en tienda y supermercado, debido a eso pude conceder un empleo en Gadis supermercado, estoy en el sector de carnicería».
Christian valora de maneira moi positiva o acompañamento continuo, tanto da fundación como da propia Xunta: «Cualquier duda que yo tengo, me tratan de ayudar. Luego de la Xunta de Galicia también, una vez por mes, ellos me preguntan cómo estoy, cómo va mi situación».
Tamén recibiu apoio para a posta en marcha da súa vida en Vigo, especialmente no acceso á vivenda: «Ellos los primeros tres meses te pagan un porcentaje de lo que es el alquiler y yo en mi caso, como los primeros tres meses me vine solo, estaba en una habitación y me cubría prácticamente todo el alquiler».
O máis duro do proceso, recoñece, foi deixar atrás parte da familia en Uruguai: « Eso creo que es lo más complicado, el extrañar a la familia de uno». A pesar diso, sente que tomou a decisión correcta: está a descubrir lugares e persoas e non oculta a satisfacción co paso dado.
Hoxe, coa vida xa asentada en Vigo, anima con claridade a outras persoas a participar no programa:«Yo creo que toda persona que quiera progresar, toda persona que esté dispuesta… obviamente es muy positivo». E engade unha imaxe moi gráfica do balance que fai ata o de agora:
«Estoy descubriendo muchas cosas de Galicia, lugares, personas, y la verdad que hasta ahora no tengo ninguna decepción de nada, al contrario, fue todo muy positivo. A día de hoy, pude traer a mi señora, la cual va a empezar a trabajar también en la misma empresa en la que yo estoy trabajando».
Resultados medibles e impacto real
O balance do Retorna Cualifica Emprego evidencia a súa consolidación como ferramenta eficaz para o retorno.
Na edición piloto, preto de 190 persoas regresaron a Galicia para incorporarse a 126 empresas de 28 concellos das catro provincias. Na segunda edición, actualmente en marcha, xa foron seleccionadas arredor de 190 persoas, das cales máis de 170 xa retornaron, distribuídas en 46 concellos e empregadas en preto de 65 empresas. En total, o programa leva facilitado o regreso e a contratación de preto de 400 galegos e galegas do exterior, en postos axustados ás demandas das empresas.
Os perfís profesionais son diversos: desde a hostalaría (camareiros, axudantes de cociña, recepcionistas...), ata a industria e a construción (soldadores, electricistas, albaneis, carpinteiros, torneiros...), pasando polo comercio e os servizos (carniceiros, caixeiros, operarios de almacén…) ou o sector agrogandeiro. As persoas beneficiarias proceden de 21 países, entre eles Arxentina, Uruguai, Cuba, Venezuela, Brasil, Colombia, México, Reino Unido, Alemaña ou Suíza, cunha idade media de 35 anos. O 57 % retorna en familia, reforzando a dimensión social do programa e a súa contribución á fixación de poboación.
Orzamento, novas medidas e impacto empresarial
A actual edición do programa conta cun orzamento de 2,3 millóns de euros e prevé beneficiar a 200 persoas galegas retornadas ata finais de ano. Como novidade, inclúense axudas específicas para o acceso ao alugueiro de vivenda e accións directas en orixe.
En marzo celebráronse feiras de emprego en Arxentina e Uruguai, que reuniron máis de 3.500 asistentes, con participación de cinco clústeres e unha vintena de empresas de sectores estratéxicos. Foi nunha desas feiras onde Macarena deu o paso definitivo cara Galicia e onde empresas como a que contratou Ezequiel atopan perfís adaptados ás súas necesidades.
O interese empresarial tamén medra: nesta edición, preto de 220 compañías manifestaron o seu interese en participar, implicando a máis de 90 concellos galegos. Para profesionais coma Ezequiel, iso tradúcese en expectativas reais: «Creo que hay muchísimo espacio para crecer y que tengo muchas oportunidades para desarrollarme aquí profesionalmente».
Cara o futuro: atracción de talento
De cara ao primeiro trimestre de 2026, a Xunta prevé poñer en marcha a Oficina de Atracción de Talento, que coordinará todas as medidas laborais dirixidas tanto aos galegos do exterior que decidan regresar como ás contratacións planificadas de persoas de terceiros países.
Ademais, está previsto o lanzamento dunha orde de axudas de 1,5 millóns de euros para a rehabilitación de vivendas destinadas a traballadores beneficiarios destes programas, tendo en conta que a vivenda é un factor clave para fixar poboación cualificada no territorio galego.
Desde a súa experiencia, Ezequiel lanza unha mensaxe clara a quen se está a pensar dar o paso: «El programa te abre la puerta a un montón de desafíos laborales muy interesantes».
Macarena, pola súa banda, pon o foco na importancia de probar: «Yo creo que el error hubiera sido no intentarlo nunca».
- Galicia, entre las comunidades que permiten a más alumnos de ESO graduarse con asignaturas no superadas
- La residencia para opositores de élite: la concentración tiene un alto precio
- Los empleados públicos de la Xunta podrán cobrar en enero un plus de hasta 1.000 euros
- Galicia, segunda autonomía en la que más pleitos tributarios gana el contribuyente contra la Administración
- Profesores extranjeros en las aulas gallegas: «La gente siempre me pregunta: '¿Cómo terminaste aquí?'»
- Trenes y vuelos en el aire por una huelga general en Portugal la próxima semana
- Galicia cita para vacunarse de la gripe a más de 33.000 niños entre 6 meses y 11 años: «Es la mejor protección»
- Advertencia de Rueda a Santiago: «la opción» para Medicina es o «una facultad grande descentralizada potente o tres pequeñas»