Alcaldes e concelleiros galegos levan a Bruselas o problema da vivenda

O BNG coorganiza no Europarlamento unhas xornadas para denunciar «a falta de aloxamento e a especulación» que afecta ao sector residencial

Ana Miranda con alcaldes e concelleiros do BNG. |  FVD

Ana Miranda con alcaldes e concelleiros do BNG. | FVD

Ana Carro

Bruselas

«Hai unha falta de vivenda e necesitamos fórmulas contra a especulación». Así comezou a eurodiputada do BNG, Ana Miranda, a súa intervención na conferencia ‘Vivenda para todos os pobos de Europa’, que coorganiza no Parlamento Europeo, onde por primeira vez nesta lexislatura hai unha comisión dedicada á vivenda. Lembrou que en Galicia «as familias destinan máis dun 41% á compra de vivenda e máis dun 61% para alugueiro», datos que considera «moi preocupantes». E non só ela, neste encontro participaron alcaldes e alcaldesas e representantes de institucións de diferentes puntos de Europa: dende Barreiros a Santiago pasando por A Coruña, Gandía, Porto Vecchio ou a Bretaña francesa. Cada un coa súa realidade, pero todos eles conscientes de que hai un problema que necesita solucións.

A dificultade de acceso a unha vivenda digna é unha realidade compartida por moitos. O vicepresidente da comisión de Vivenda e eurodeputado de Compromís, Vicent Marzà, alertou de que «esta non é unha crise pasaxeira». «Hai unha maioría de traballadores que non poden acceder a unha vivenda asequible», lamentou, mentres que a eurodeputada de ERC, Diana Riba, dixo que a vivenda «é un dereito que agora é un negocio». Detrás disto hai varios motivos: a masificación do turismo, a financiarización ou a falta de vivenda pública.

Barbara Steenbergen, presidenta da Unión Internacional de Inquilinos, que representa a 74 asociacións en 75 países, propón que «os alugueres teñen que ser ilimitados para dar seguridade aos inquilinos». Tamén ve necesario ter un «rexistro de transparencia do parque inmobiliario».

Tracking Pixel Contents