O problema da vivenda en Galicia chega a Bruselas: un dereito que agora é un negocio
O BNG coorganiza no Parlamento Europeo unhas xornadas para denunciar «a falta de vivenda e a especulación» | Avia Veira critica que «na Coruña pagamos vivenda ao prezo de Madrid»

Ana Miranda, no medio, con alcaldesas de varios concellos de Galicia e concelleiros do BNG. / LOC
Ana Carro
«Hai unha falta de vivenda e necesitamos fórmulas contra a especulación». Así comezou a eurodiputada do BNG, Ana Miranda, a súa intervención na conferencia Vivenda para todos os pobos de Europa, que coorganiza no Parlamento Europeo, onde por primeira vez nesta lexislatura hai unha comisión dedicada á vivenda. Lembrou que en Galicia «as familias destinan máis dun 41% á compra de vivenda e máis dun 61% para alugueiro», datos que considera «moi preocupantes». E non só ela, neste encontro participaron alcaldes e alcaldesas e representantes de institucións de diferentes puntos de Europa: dende Barreiros a Santiago pasando por Gandía, Porto Vecchio ou a Bretaña francesa. Cada un coa súa realidade, pero todos eles conscientes de que hai un problema que necesita solucións.
No caso da Coruña, segundo indicou a concelleira do BNG, Avia Veira, a «situación é insostible, coa suba dun 30% do prezo medio de alugueiro dende 2021 e dun 61% en dez anos». «Pagamos vivenda ao prezo de Madrid sen os soldos de Madrid», denunciou, á vez que informou de que «hai unhas 20.000 vivendas baleiras» que poderían estar no mercado.
Celebrou a ordenanza de vivendas de usos turísticos e tamén a declaración da zona tensionada —A Coruña é a primeira cidade galega en tela—, pero criticou «a falta de límite na responsabilidade da propiedade e a falta de aposta pola vivenda pública». Alertou, ademais, de que esta situación provoca a subida de prezos «nos concellos da comarca da Coruña». Insistiu en que na Xunta hai «cero política de vivenda».
A dificultade de acceso a unha vivenda digna é unha realidade compartida por moitos. O vicepresidente da comisión de Vivenda e eurodeputado de Compromís, Vicent Marzà, alertou de que «esta non é unha crise pasaxeira». «Hai unha maioría de traballadores que non poden acceder a unha vivenda asequible», lamentou, mentres que a eurodeputada de ERC, Diana Riba, dixo que a vivenda «é un dereito que agora é un negocio». Detrás disto hai varios motivos: a masificación do turismo, a financiarización ou a falta de vivenda pública.

Conferencia 'Vivenda para todos os pobos de Europa', coorganizada polo BNG no Parlamento Europeo, / LOC
Barbara Steenbergen, presidenta da Unión Internacional de Inquilinos, que representa a 74 asociacións en 75 países, propón que, como ocorre en cidades como Berlín, «os alugueres teñen que ser ilimitados para dar seguridade aos inquilinos». Tamén ve necesario ter un «rexistro de transparencia do parque inmobiliario».
Nil Caouissin, conselleiro rexional da Bretaña francesa, sinalou que o fundamental nesta problemática é poñer «aos habitantes por diante de especuladores e turistas». Diso tamén falou o concelleiro de Urbanismo de Santiago, Iago Lestegás, que apuntou que «o éxito descontrolado» dun reclamo turístico, como no seu caso o Camiño, «pode poñer en risco a calidade de vida das persoas». Recoñeceu que na súa cidade «o parque residencial existente sería suficiente para satisfacer as necesidades existentes se estivese optimizado, pero non é así».
Ana Miranda, quen defende un «gasto máximo do 30% dos ingresos en vivenda», concluiu que hoxe «é máis necesario ca nunca un fondo europeo de vivenda».
Fuente: La Opinión A Coruña
- El TSXG multa con 1.800 euros a un abogado gallego por presentar un recurso lleno de «alucinaciones» con decenas de citas inventadas por la IA
- Las titulaciones que cerraron con las notas de corte más altas del Sistema Universitario de Galicia: tres superan incluso a Medicina
- La Xunta se abre a impartir cualquier asignatura en gallego «siempre que exista la unanimidad necesaria» y «respetando el equilibrio lingüístico»
- La primera criba de las oposiciones a profesor deja plazas sin candidatos suficientes en al menos siete especialidades de FP y Bachillerato en Galicia
- Sanidade hará analíticas a la población gallega para medir la exposición a microplásticos, plaguicidas y otros químicos
- La Xunta advierte de una «desbandada» de las concesionarias de cafeterías escolares tras la normativa estatal de comedores
- Hasta 125 titulaciones de las universidades gallegas cierran en la segunda llamada y ya solo hay 68 grados con plazas
- Más de 110.000 hogares gallegos se refugian del alto precio de los alquileres en viviendas cedidas por parientes y amigos