Xogar en galego
Desde os luns de conversas, pasando por xogos de lóxica ou lectura, ata os venres de música e baile. A semana comeza e remata nos patios de dez colexios das catro provincias con propostas lúdicas para socializar en galego. Lecer no patio. O proxecto «Falamos +» bota a andar para Infantil e Primaria.

El conselleiro de Cultura presenta o programa "Falamos +" de dinamización lingüística. / Xoán Álvarez

Fomentar o uso do galego en contextos «non formais», dentro dos centros educativos. É dicir, fóra da aula. Alí onde os cativos desde os 3 anos ata os preadolescentes de 12 anos socializan. Ese é o obxectivo do programa de dinamización lingüística «Falamos +», que onte se presentou no compostelán CEIP Plurilingüe López Ferreiro. A iniciativa, coordinada por Pilar Ponte e promovida pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, botou a andar o luns en dez colexios de Infantil e Primaria galegos para combater a epidemia silente da perda de falantes nas idades máis temperás que asola a lingua galega. Como aliados están os mestres e —algúns— alumnos maiores. Para eles, foi «un día de festa».
«Falamos +» está deseñado para estender o uso do galego máis alá das aulas, centrándose en actividades lúdicas durante os recreos, explica a coordinadora do proxecto en dez centros das catro provincias galegas, Pilar Ponte: «A idea é dinamizar a utilización do galego en contextos de lecer, como os patios escolares». Durante tres semanas, os alumnos participan en diversas actividades programadas para cada día da semana.
«Os luns son de conversas, os martes de xogos, os mércores de ciencia, os xoves de lectura e escritura, e os venresestán dedicados á música e ao baile», detalla Ponte.
O obxectivo é diversificar as experiencias en galego e adaptalas aos distintos niveis educativos. O profesorado dos centros participantes xoga un papel fundamental na organización das actividades, pero ademais, en varios colexios, os alumnos de quinto e sexto de primaria asumen un rol dinamizador. «Son os propios rapaces os que xestionan algunhas das actividades, algo que está funcionando moi ben», comentaPonte.
Ademais, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude colabora na iniciativa cunha actividade especial para cada centro: un concerto que onte correu a cargo de Cé Orquestra Pantasma.

Un momnento da presentación do Programa. / Xoán Álvarez
Durante a presentación, o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, destacou a importancia desta iniciativa —que se enmarca no Pacto pola Lingua— para o futuro da lingua galega. «Os colexios son espazos de socialización fundamentais», subliñou. Esta iniciativa piloto, que comezou o pasado 17 de marzo e finalizará o día 28, será logo avaliada para futuras edicións. Como xa aconteceu con proxectos como «21 días co galego», se funciona, consolidarase no tempo. O programa involucra colexios de toda Galicia, entre eles o CEIP Sagrado Corazón de Ribadeo, o Frei Luís de Granada de Sarria, o CEIP O Couto de Ourense e o CEIP Alfonso VII de Caldas de Reis, que compartirán as súas experiencias a través dun blog .
«Os nenos están encantados porque participan en actividades diferentes e divertidas», indicaron no CEIP López Ferreiro, onde un grupo de alumnos voluntarios colaborou na organización.
- El PP gallego ataca a Luis Zahera por su oposición a la planta de Altri
- Una treintena de gallegos venden su casa, pero tienen derecho a vivir en ella hasta que mueran
- «Con la nueva Ley de Extranjería un 20% de solicitantes de asilo parten de cero para los papeles»
- El sobrecoste de la exigencia de las nuevas calderas de gas: hasta 3.500 euros
- Mastines, vigilantes del equilibrio en el monte
- Las enfermeras gallegas prescriben ya más de 140 tipos de medicamentos
- Cinco palabras gallegas que usas al hablar castellano sin darte cuenta
- El desamparo fuerza el ingreso de tres mayores diarios por vía de emergencia