Só un nome en galego dos 20 máis usados para cans en Galicia: ¿queres algunhas propostas?
'Lúa' ocupa o segundo lugar despóis de 'Luna', según o rexistro actualizado de perros da Xunta, lista que carece de alcumes masculinos na lingua de Castelao

Esta cadela de Baiona chámase Lúa, un dos nomes en galego máis usados según o rexistro de animáis de compañía da Xunta. / Corina Nicoleta Leonte
Buscar nomes orixinais para unha nova mascota é habitual, pero ás veces, a practicidade debe antepoñerse ao demais.
Os cans responden ben a varios sons. Hai outros que adoitan confundilos. Se un nome non é o suficientemente forte como para chamar a atención da mascota, actividades simples, como xogar, dar un paseo ou acatar unha orde serán máis difíciles para ela.
Ás veces, a distracción nos cans non ten que ver coa súa intelixencia, senón co uso dunha mala fonética. Os expertos lanzan algunhas recomendacións para atopar bos nomes para cans: a clave está en atopar algo que funcione ben tanto para o adestramento como para fortalecer a conexión entre a familia e o animal.
Pero ao marxe de cal é o alcume axeitado, ao final a decisión ten que ser do agrado da familia da que o can é membro. E ainda máis: se no fogar, hai nenos, o bautismo adoita ser cousa deles.
Segundo os datos do Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía (REGIAC), os nomes máis comúns para cans en Galicia son unha mestura do tradicional e o moderno. Pero entre eles, destaca o nome de 'Luna', que encabeza as listas en todas as provincias. A súa versión en galego, 'Lúa', tamén se atopa nos primeiros postos, especialmente na provincia de Pontevedra.
En concreto, a tradución ao galego do satélite terrestre ocupa o segundo posto na lista dos 20 nomes máis utilizados para cans e cadelas na comunidade autónoma. O rechamante é que nese top 20, só aparece 'Lúa' como termo pertencente á lingua de Castelao, o resto son nomes en castelán
- LUNA
- LÚA
- PERLA
- KIRA
- CHISPA
- THOR
- COCO
- LAIKA
- LINDA
- LOLA
- REX
- LEO
- PANCHO
- TOBY
- BIMBA
- NALA
- LUCAS
- ROCKY
- DANA
- MORA
Outros nomes que son habituais nas catro provincias galegas inclúen 'Kira', 'Perla', 'Chispa', 'Thor' ou 'Coco', e ainda que existe unha tendencia crecente entre os donos de cans galegos de optar por nomes na súa lingua materna, nese top 20 so hai un: 'Lúa'.
Aquí van algunhas propostas para as familias que queren honrar as súas raíces ou darlle un toque de orixinalidade, nomeando en galego ao seu mellor amigo ou amiga. Aquí tamén hai categorías, dende alcumes de persoas, alimentos, meteoroloxía, flora e fauna, ou topónimos.
De humanos
Can: Adrán, André, Artai, Brais, Cibrán, Sidre, Denís, Ero, Fiz, Ivo, Maxín, Roi, Siro, Tomé, Uxío, Xan ou Zanín.
Cadela: Aine, Baia, Branca, Catuxa, Comba, Doce, Flavia, Icía, Lúa, Navia, Reis, Sira, Suevia, Uxía ou Xela.
Topónimos
Can: Aldán, Ames, Ares, Bande, Boiro, Courel, Cuntis, Eume, Lérez, Louro, Meis, Miño, Sar, Sil, Tambre, Trives, Xove ou Zas.
Cadela: Aloia, Baña, Cea, Cíes, Deva, Dumbría, Illa, Laza, Limia, Meira, Muxía, Noela, Sarela, Serra, Tea, Ulla ou Umia.
Alimentación
Can: Allo, Azúcre, Cachelo, Feixón, Figo, Grelo, Mel, Millo, Noz, Queixo ou Viño.
Cadela: Abelá, Ameixa, Avea, Bica, Faba, Filloa, Mazá, Xudía ou Zorza.
Meteoroloxía
Can: Fusco, Lusco, Nadal, Orballo, Samaín, Solpor, Trebón, Vento, ou Verán.
Cadela: Breca, Chuvia, Faísca, Mañá, Néboa, Neve ou Poalla.
Outros nomes
Can: Bico, Buxo, Chan, Boi, Esquío, Demo, Fento, Fogo, Folgo, Freixo, Gabián, Garfo, Grilo, Lar, Ledo, Liño, Lume, Malvís, Moucho, Neno, Peto, Pimpín, Teixo, Toxo, Trevo ou Verme.
Cadela: Acio, Area, Bágoa, Beira, Bruxa, Cerva, Chorima, Cinza, Curuxa, Cuncha, Culler, Dorna, Fada, Faísca, Herba, Landra, Lebre, Leda, Leira, Lura, Luva, Meiga, Nai, Pomba, Quenlla, Rula, Silva, Sorte, Toupa,Troita,Terra ou Xesta.
Sete recomendacións dos expertos para nomear a un can
- Algo fácil de pronunciar. Son os 'nomes de acción, aqueles dunha ou dúas sílabas. Usar termos longos ou compostos créalles confusión
- Buscar un nome con boa fonética. Vogais fortes, terminacións acústicas e consonantes como o 'D', o 'K' e o 'P'.
- Diferenciarse con nome dos demais integrantes da familia. Ter dous nomes fonéticamente parecidos no fogar non é recomendable.
- Fixarse na raza do can. Os Shiba Inu, por exemplo, teñen as orellas ergueitas, o que lles permite diferenciar os sons con maior claridade e responden ben os nomes contundentes.
- Tomarse uns días para decidir. Os trazos físicos e emocionais son unha boa fonte de inspiración.
- Non cambiarlle o nome que xa levaba. Se asume o apodo que lle asignaron na protectora, o mellor é conservalo: daralle a seguridade e confianza que necesita para adaptarse a unha nova contorna.
- Un bo truco para dar co alcume perfecto é dicir varios nomes en voz alta e identificar o que máis capture a súa atención.
- El TSXG multa con 1.800 euros a un abogado gallego por presentar un recurso lleno de «alucinaciones» con decenas de citas inventadas por la IA
- Las titulaciones que cerraron con las notas de corte más altas del Sistema Universitario de Galicia: tres superan incluso a Medicina
- La Xunta se abre a impartir cualquier asignatura en gallego «siempre que exista la unanimidad necesaria» y «respetando el equilibrio lingüístico»
- La primera criba de las oposiciones a profesor deja plazas sin candidatos suficientes en al menos siete especialidades de FP y Bachillerato en Galicia
- Sanidade hará analíticas a la población gallega para medir la exposición a microplásticos, plaguicidas y otros químicos
- Hasta 125 titulaciones de las universidades gallegas cierran en la segunda llamada y ya solo hay 68 grados con plazas
- El Tribunal Supremo obliga a que los cambios de uso de locales a vivienda sean firmados exclusivamente por arquitectos
- Las razones por las que ayer el PP no anunció el nombre de la candidata a la alcaldía de Vigo




