Fractura total: os 'díscolos' do PSOE de Santiago non apoian ao novo portavoz
Muíños, Rosón, Castro e Álvarez expóñense a ser expulsados do partido

Fractura total: os 'díscolos' do PSOE de Santiago no apoian o novo portavoz. / Antonio Hernández
Ana Triñáns
Ás 13.30, tan só unha hora despois de que os concelleiros socialistas en rebelión coa dirección do PSOE desen unha rolda de prensa denunciando presións para dimitir e que así obtivese a súa acta Aitor Bouza, secretario xeral do PSOE d Santiago, o portavoz designado pola Executiva local, Sindo Guinarte, convocaba o grupo municipal en Raxoi a unha xuntanza.
Unha reunión destinada á votación do novo voceiro, que precisa o apoio da maioría do grupo e que as edís Mercedes Rosón, Mila Castro e Marta Álvarez declararon "nula", polo que a votación non se chegou a producir. Ás 13.36h. o concelleiro Sindo Guinarte relataba o acontecido e defendía o seu posicionamento e o da súa compañeira Abal, "que dende o verán reclamamos a necesidade de recuperar o diálogo coa dirección do partido".
"Concorrín ás eleccións na lista do PSOE", defendeu Guinarte, polo que asume que é necesario acatar as normas e o diálogo coa dirección e matizou que "é perfectamente lexítimo concorrer como non adscrito", en referencia á defensa dos edís que apoian ao voceiro Gonzalo Muíños e reivindican as súas actas e o "mandato representativo", pero que ao igual ca el concorreron baixo as siglas do PSOE. Como exemplo de asumir esta disciplina, pese a ser até hai pouco independente, Guinarte sinalou a Marta Abal, agora si militante do PSOE.
En relación á denuncia dos seus compañeiros Muíños, Rosón, Castro e Álvarez de ter recibido presións internas para abandonaren o seu escano e que así entrase a formar parte da Corporación local o secretario xeral Aitor Bouza (número 11 na lista electoral), tanto Guinarte como Abal instaron os seus compañeiros a demostraren esas presións e prebendas, asegurando que co tempo se verá.
Muíños: "O que se quere é que un de nós deixe a súa acta para que a colla Aitor Bouza"
"De que serve lealdade que caracterizou o noso traballo", comezou Gonzalo Muíños, "se o que se quere é que un de nós deixe a súa acta para que a colla Aitor Bouza?". Os catro edís socialistas en rebelión co partido compareceron este luns en rolda de prensa "para desmentir punto por punto os presuntos incumprimentos" que a Executiva municipal do PSOE lles achaca.
As concelleiras Marta Álvarez, Mila Castro e Mercedes Rosón (con expediente aberto no partido) arrouparon o único voceiro que recoñecen, Gonzalo Muíños, suspendido de afiliación por 19 meses como responsable de non acatar a directriz de abstención na votación da ordenanza das VUT e por non substituír os xefes de gabinete e prensa do grupo municipal como ordeara a secretaría local do PSOE, liderada por Aitor Bouza.
Muíños defendeu que a sanción por votar a favor da ordenanza reguladora das VUT non se debe a unha acción, "senón a unha reacción" para conseguir a acta para Bouza. "Nós fomos coherentes e leais co noso traballo". O edil amosou o argumentario remitido ao grupo municipal pola executiva do PSOE e recalcou que nel non hai referencia á ordenanza das VUT.
Sobre o relevo de dous cargos de confianza, "do grupo municipal, non foi unha decisión de Gonzalo Muíños, senón unha decisión asinada polos seis concelleiros do Partido Socialista" no Pazo de Raxoi.
"Dise que non compartín documentación para que a executiva puidese facer seguemento da acción municipal, enviamos máis de 600 documentos", explicou o aínda voceiro do grupo municipal ante outro dos incumprimentos que lle achaca a executiva do PSOE para defender que tan só non se remitiu aquilo que puidese conlevar "unha ilegalidade".
Gonzalo Muíños aclarou tamén que a denuncia de que o grupo municipal se negaba a incluír no debate plenario as suxestións da executiva e defendeu que só un non se presentou "de entre os 14 ou 15" dos recibidos. "Por todo isto queren suspenderme de militancia 18 meses, xulguen os feitos".
- National Geographic señala esta ciudad gallega como uno de los mejores destinos para celebrar los 50 años
- Tráfico cerca a los grupos que avisan de controles: se infiltra para denunciarles
- La Xunta podrá arrancar cepas con ‘flavescencia’ si el dueño no lo hace
- Crecen un 56% los médicos del Sergas que piden compatibilizar con la privada
- Un concello gobernado por el PP retira a Manuel Fraga del callejero
- El Defensor del Pueblo destapa «castigos» con pacientes atados y aislados en un psiquiátrico gallego
- La Xunta vigila en centros educativos el riesgo suicida de 314 escolares
- Tráfico acusará de homicidio a quien cause víctimas al avisar de un control