Santalices pide un financiamento xusto

O presidente do Parlamento actúa como delegado rexio no acto da Traslatio

Santalices le 
o seu discurso 
durante a misa. 
|  Antonio Hernández

Santalices le o seu discurso durante a misa. | Antonio Hernández

Ana Triñáns

A solemnidade da Traslatio dos restos do Apóstolo congregou un ano máis na praza do Obradoiro aos representantes públicos e das Forzas de Seguridade do Estado, nun acto no que a edil María Rozas, en calidade de alcaldesa en funcións, foi a encargada de recibir na praza o delegado rexio, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices.

No seu discurso, xa na Catedral e logo da misa, Santalices apelou a que os servizos públicos primen «o ben común para seguir construíndo unha sociedade de persoas libres e iguais». E tamén do ben común falou na súa homilía o arcebispo de Santiago, monseñor Francisco Prieto: «Pido por aqueles que exercen responsabilidades públicas, para que adiquen os seus mellores esforzos ás esixencias do ben común, sen estremismos nin exclusións, por riba das lexítimas diferencias políticas».

Santalices destacou tamén na súa intervención a necesidade de garantir a prestación destes servizos e referiuse ao financiamento singular para Cataluña ao pedir «un sistema de financiamento equilibrado e non discriminatorio, no que se prioricen as persoas por riba dos territorios».

As vítimas das guerras, en especial dos conflitos de Ucraína e Oriente Medio, centraron as palabras do delegado rexio e máis do arcebispo de Santiago, que remarcou «a necesidade de alzar a voz polas vítimas da guerra, da trata, da violencia». O arcebispo primou na súa intervención a situación de crise migratoria que se vive nas illas Canarias e en Ceuta: «É inaceptable utilizar a migrantes e refuxiados como arma política».

As vítimas da Dina, que hai dous meses arrasou municipios de Valencia e Castela e León causando máis de 200 vítimas mortais, foi contido das intervencións do delegado rexio e do arcebispo. Miguel Santalices tivo palabras para os voluntarios e o seu exemplo de solidariedade e referiuse á reconstrución, na que que «as vítimas sintan a protección real e efectiva das administracións ten que ser obriga dos que desempeñamos responsabilidades públicas».

A «lacra da violencia contra mulleres e nenos», estivo tamén presente na homilía de monseñor Prieto e no discurso do delegado rexio, así como a necesidade de facilitar o acceso á vivenda para todos os colectivos.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents