Arrancan as comisións de traballo sobre o galego coordinadas por Manuel González

Trátase dun académico que xa participou no actual Plan de Normalización

López Campos, cos coordinadores das comisións para renovar o Plan Xeral de Normalización da Lingua. |  Xoán Álvarez

López Campos, cos coordinadores das comisións para renovar o Plan Xeral de Normalización da Lingua. | Xoán Álvarez

REDACCIÓN

A Xunta activou onte a reforma do Plan Xeral de Normalización da Lingua coa elección do académico Manuel González como coordinador das comisións de traballo. Este experto xa participou na primeira redacción do plan, é membro da Real Academia Galega, coordinador científico do Centro Ramón Piñeiro de Investigación en Humanidades e catedrático emérito da Universidade de Santiago.

«As comisións van a estar guiadas por unha figura de prestixio e autoridade indiscutible na materia», ensalzou o conselleiro de Cultura, José López Campos, que onte participou na primeira xuntanza de traballo cos responsables das comisións encargadas de renovar o Plan de Normalización Lingüística.

Ao frente de cada comisión situaránse a doutora de Dereito Administrativo na Universidade de Santiago de Compostela Diana Santiago; a profesora da Universidade de Vigo Edita de Lorenzo; o experto en promoción da lingua galega na universidade e en formación de adultos Manuel Núñez; o presidente da Asociación de funcionarios pola normalización lingüística e avogado Xoaquín Monteagudo; o catedrático de Lingua e Literatura galegas Armando Requeixo; a presidenta do Museo do Pobo Galego e profesora da Facultade de Medicina Concha Losada; a produtora e avogada Patricia Hermida; o presidente do Foro Enrique Peinador e recoñecido promotor da lingua galega en distintos ámbitos Xosé González; a sanitaria e escritora infantil Rosalía Morlán; e o experto en relacións exteriores Xosé Lago.

O conselleiro de Cultura explicou que tras estas designacións activaránse «inmediatamente» os grupos de traballo conformados por perfís profesionais especializados en cada unha das áreas temáticas que se abordarán na revisión do plan.

Tracking Pixel Contents