De "aparvar" a "meu": cal será a Palabra do Ano 2024 en Galicia?
O período de votacións remata o mércores, 25 de decembro, ás 23.59 horas

As finalistas a Palabra do Ano 2024. / FdV
Lucía Martínez
Xa coñecemos as palabras finalistas na elección da Palabra do Ano 2024, iniciativa promovida pola Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Barrié. Tras a fase de recolla de suxestións, este martes abre a fase da votación popular, que decidirá cal será a Palabra do Ano.
A votación telemática permanecerá aberta ata as 23.59 horas do 25 de decembro. O voto pode realizarse a través do Portal das Palabras.
As finalistas
As propostas finalistas apelan a temas que marcaron a actualidade dos últimos meses -como é o caso de "dina" ou "emerxencia climática"-, responden a expresións alleas -como "aparvar(se)"- e miran con ilusión cara ao 2025, cando a RAG lles dedicará o Día das Letras Galegas á poesía popular oral e ás mulleres que a transmitiron coas súas voces ao longo dos séculos. De ahí que "cantareira" se atope entre as finalistas.
Estas son as seis palabras que se enfrontan para converterse na Palabra do Ano en Galicia:
- Aparvar(se)
- Cantareira
- Dina
- Emerxencia climática
- Fala
- Meu/miña
O Portal das Palabras
O Portal das Palabras é un proxecto da RAG e a Fundación Barrié que persegue a divulgación do galego e a modernización do traballo lexicográfico.
Para iso, cada semana ofrece xogos e outros contidos divulgativos que conectan o léxico galego coa actualidade dun xeito ameno.
Dende o ano 2014, este portal convida a todas as persoas a participar na escolla da Palabra do Ano.
Estas foron as palabras que foron elixidas en edicións anteriores: cibercarrracho, comadre, tanxugueiras, nós, sentidiño, deseucaliptización, afouteza, irmandade, refuxiado e corrupción.
- De antiguo complejo textil a ser el hotel con más encanto de Galicia: un paraíso 'escondido' a cuarenta minutos de Vigo
- Galicia sube salarios para atraer empleados digitales y esto es lo que les pagan
- La Xunta se abre a extender la caza sin límite del jabalí más allá de este domingo
- La Xunta contrata a una persona cada tres minutos para cubrir bajas
- Así es el paraíso natural de Galicia que ha enamorado a National Geographic: está nominado a mejor destino rural de España
- Galicia compite con Madrid con sueldos de 55.000 euros para médicos de familia
- El TSXG ve inconstitucional una norma de la Xunta que «vulnera la igualdad tributaria»
- Los frutos del plan gallego para sacar al mercado pisos vacíos: 66 alquilados y 43 en oferta