Entrevista | Marta Lois Portavoz de Sumar no Congreso e candidata á Presidencia da Xunta
“É unha boa nova que Podemos non siga a liña estatal e busque un punto de encontro”
“Se Sumar non estivese aí, o PSOE non faría medidas anticrise como o imposto á banca ou prohibir os desafiuzamentos”
“O noso aval é o que fixemos no Goberno estatal”

Marta Lois, onte en Santiago. / Xoán Álvarez
Marta Lois (Vigo, 1969) será a candidata de Sumar á Presidencia da Xunta nas eleccións galegas do 18 de febreiro. Exedil na capital galega durante a Alcaldía de Martiño Noriega, unha das tres mareas triunfantes en 2015, e voceira municipal no pasado mandato, deu o salto ao Congreso como voceira parlamentaria de Sumar. Di que dimitirá logo do 18-F. O día 12 de xaneiro presentarán parte do seu proxecto nun gran acto en Vigo coa presenza da Yolanda Díaz.
–Que cambiou neste último mes para que dese marcha atrás logo de descartarse como candidata?
–Sempre dixen que o meu corazón e vontade estarían alí onde se me precisase. Por que se adoptou esta decisión? Porque o señor [Alfonso] Rueda adiantou as eleccións, coido que porque as quere agochar e alonxar da axenda estatal, quéreas converter nun mero trámite electoral. E trabúcase. Vai haber sorpresas.
–Que aporta Sumar para mobilizar a esquerda que non vota BNG e PSdeG? Porque o seu espazo político pasou de 14 deputados no 2016 a 0 en 2020...
–Hai que fixarse na última campaña, na que moita xente cría que non se podía e ao final vimos que hai unha Galicia que realmente quere gañar e quere un cambio. Sumar aporta o aval dun Goberno que fai políticas útiles y que pasou das palabras aos feitos. Os acordos máis recentes do último mes son, en canto a medidas anticrise, seguir a prohibir os desafiuzamentos, manter os impostos á banca, subir o subsidio de desemprego... Son medidas que o PSOE non faría se non estivese Sumar. Sumar cumpre e agora quere facelo en Galicia. Se se vota como o 23-X, haberá cambio. O bloque progresista alcanzou os 800.000 votos y o PP, os 600.000.
–O mércoles anunciaron un preacordo con Podemos para ir en coalición. Pero o día 5, Podemos marchou ao grupo mixto no Congreso e criticou a Sumar por seren unha esquerda dócil. Como lle explica a un votante que non queren facer política xuntos en Madrid, pero si en Galicia?
–O espazo que representa Sumar Galicia quere que falemos das políticas útiles e do que precisan as galegas. Todos os debates internos dos espazos partidarios xeran sempre desafección, pero coido que foi unha boa nova. Podemos Galicia e Sumar Galicia son forzas políticas autónomas, houbo altura de miras e vai ser bo para o país.Podemos Galicia quixo neste caso non seguir a liña de Podemos estatal e quixo buscar un espazo de encontro. Pensando na oportunidade histórica que temos de deixar atrás 14 anos de políticas do PP, é unha boa nova.
–Pablo Iglesias pediulles ás bases de Podemos rexeitar a coalición, non presentarse o 18-F e pedir o voto para o BNG. Parécelle un boicot?
–Non vou entrar aí. As forzas progresistas en Galicia entendemos a oportunidade histórica que temos diante. Imos sacar o PP da Xunta e levar a cabo políticas útiles.
–Contempla un rexeitamento dos inscritos de Podemos á coalición? Teñen plan B?
–Nós entendemos que as forzas políticas que fan un preacordo son serias e van estar á altura do momento.
–Vese facendo campaña con Irene Montero ou Ione Belarra?
–Véxome facendo campaña con Sumar Galicia.
–Como garanten que non haxa unha escisión no Parlamento galego como a do Congreso se logran grupo propio?
–Imos ter grupo parlamentario no Parlamento. Aos galegos e galegas agora o que lles interesa é menos a cuestión interna partidaria que que fagamos un programa con políticas moi concretas como as que facemos no Goberno de coalición no Estado.
–O acordo electoral de Galicia ábrelle a porta a repetir esa alianza para as europeas?
–Isto hai que enmarcarlo no proceso de diálogo coas forzas políticas autónomas de cada un dos territorios, como Galicia e Euskadi; de aí que insistamos tanto sempre na dimensión plurinacional do noso grupo. Non é cuestión de facer especulacións, senón de centrarnos nunha decisión en Galicia que nos abre unha oportunidade histórica.
–Pode contribuir a rebaixar a hostilidade entre vostedes?
–Creo no estilo Yolanda. Imos mellorar as condicións das traballadoras, das persoas que o pasan mal e lles custa chegar a fin de mes, que lles custa alquilar unha vivenda... O resto é secundario. O noso aval é o que fixemos no Goberno.
“Cando se celebren as eleccións, o meu posto estará en Galicia e non no Congreso”
–Coas súas alianzas prodúcese un paradoxo. Se vostede dimite do Congreso e Manuel Lago, que é asesor no Ministerio de Traballo, non recolle a acta, tomaría posesión Borja San Ramón, que é líder de Podemos Galicia. Este marcharía ao grupo mixto. Porén, en Galicia quere facer campaña con vostedes e apoia a coalición. Como se explica?
–É un escenario que neste momento non está enriba da mesa. Cuando se celebren as eleccións galegas e teña as miñas responsabilidades no Parlamento galego, entendo que Manuel Lago pode desempeñar o cargo de diputado.
–Entendo, entón, que vostede dimitirá do Congreso despois do 18-F e non antes.
–Agora imos realizar todo este traballo intenso ata as eleccións. Outra cousa é que neste tempo haxa necesariamente que facer algunha transición no que teña que ver coa portavocía. Teño que ir a Madrid a un pleno a semana despois de Reis e aí comezaremos a falar desa transición. E cando se celebren as eleccións en Galicia, por suposto o meu posto e dedicación estarán en Galicia.
–Por concretar, dimitirá logo do 18-F, non si?
–Non pensei xusto na data, pero agora o meu obxectivo é presentarme e o meu destino está aquí, xa non está no Congreso.
–Ten substituto ou substituta como portavoz de Sumar no Congreso? Quizais Errejón?
–Hai uns días que convocaron as autonómicas e estamos en período navideño. Á volta, teremos unha reunión do grupo. Errejón está aí, igual que están aí Aina Vidal, dos Comúns; Águeda Micó, de Compromís; Jorge Pueyo, da Chunta; ou Vicenç Vidal, de Mes.
Suscríbete para seguir leyendo
- Galicia sube salarios para atraer empleados digitales y esto es lo que les pagan
- Galicia compite con Madrid con sueldos de 55.000 euros para médicos de familia
- El TSXG ve inconstitucional una norma de la Xunta que «vulnera la igualdad tributaria»
- La Xunta contrata a una persona cada tres minutos para cubrir bajas
- Los inmigrantes empujan a Galicia a su mayor aumento poblacional en 15 años
- Rueda: «¡Qué bien le iría a España si tomase nota de la política útil gallega!»
- El mercado de la vivienda cambia: los propietarios caen por debajo del 76%
- Así es el paraíso natural de Galicia que ha enamorado a National Geographic: está nominado a mejor destino rural de España