Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Galicia

O Día de Galicia a través das portadas de FARO DE VIGO

Cen anos despois de que as Irmandades da Fala escolleran esta data de celebración, o decano segue adicando a súa primeira páxina do 25 de xullo á gran festa dos galegos

O Día de Galicia a través das portadas de FARO DE VIGO I. Álvarez

En 1919, as Irmandades da Fala decidían celebrar o 25 de xullo o "Día de Galicia". Con distintas denominacións dende entón -incluidas as relativas ás patrias e matrias máis recentemente- FARO DE VIGO sempre cubriu nas súas páxinas cunha información especial.

36

O Día de Galicia a través das portadas de FARO DE VIGO Víctor Currás

Na década dos anos 20 as comunidades de emigrantes e as vilas de todo o país comezaron a popularizalo. Foi entón cando, a través das imaxes creadas por Camilo Díaz Baliño, estas portadas acadaron as máis altas expresións artísticas.

O franquismo e a evolución da prensa foron modificando estas aperturas, pero mantendo a lingua e os actos relacionados co Apóstolo ou Galicia como eixo principal das mesmas.

Dende 1981, xa coa denominación oficial de Día Nacional de Galicia aprobada e coa Xunta e o nacionalismo galego máis mobilizados, as páxinas mesturan folkore, actos institucionais, xestas deportivas e devoción, especialmente nos anos Xacobeos coma este.

Compartir el artículo

stats