Case trinta persoas foron detidas en Galicia, Málaga e Almería nunha operación na que tamén se interviñeron 330 kilos de haxix agochados nun camión e outros 300 kilos nun iate que eran empregados pola organización para transportar a droga entre Marrocos e a costa almeriense.

As pesquisas iniciaronse a finais do 2019 a raíz dunha investigación da Policía Nacional no entorno dunha organización dirixida por un narcotraficante galego dende unha comarca de Pontevedra. Isto permitiu identificar a un grupo de persoas que prestaban apoio loxístico dende Málaga, Almería e Cádiz que tamén estaban sendo investigados pola Garda Civil.

Xa en Andalucía, os axentes identificaron un iate que o grupo usaba presuntamente para trasportar haxix ata Almería e un camión de transporte de vidro para reciclaxe no que transportaban a droga oculta.

A finais de xuño do ano pasado, os investigadores detectaron que o camión embarcou con destino a Ceuta co obxectivo de trasportar una determinada cantidade de haxix. Tres días despois, a Garda Civil da cidade encontrou 330 kilos de haxix ocultos na zona de carga do camión e detiveron o condutor, que xa fora identificado pola Policía Nacional ao tratarse dun destacado membro da organización. Xa en febreiro deste ano, os axentes localizaron o iate en cuxo abordaxe encontraron 300 kilos de haxix. Os dous tripulantes foron arrestados.

Unha vez detidos os principais membros da organización, os investigadores identificaron e localizaron o resto de implicados. Ata 28 persoas foron arrestadas en Málaga, Galicia e Almería, desmontando por completo o entramado criminal investigado. Ademais, como resultado da investigación, tamén se interviñeron 42.000 euros en efectivos, tres vehículos e numeroso material telefónico.

A investigación puxo de manifesto que a organización perdera a confíanza nos proveedores e que se atopaba apertado polas débedas, se ben aínda non dispoñía dunha embarcación de alta velocidade capaz de viaxar ata Marrocos para realizar unha nova carga.