Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Antón Gómez-Reino - Candidato de Galicia en Común

"Son apaixoado e impaciente, pero aprecio o equilibrio dos demais e son conciliador"

"Acabo de ter unha filla e decidín coa miña compañeira usar pañais lavables" | "Teño intentado fumar porros, mais non soporto o tabaco"

"Co meu pai que me ensinou a querer a natureza" - Nesta foto aparecemos meu pai, xa falecido, unha das miñas fillas e eu na cala de San Roque en A Coruña, bañándonos o 25 de xullo de 2017. Eu me bañaba alí de neno co meu pai, que me ensinou a querer e disfrutar da natureza e da vida. É unha imaxe moi representativa do que é o meu lugar no mundo e da miña concepción do ciclo da vida.

| Principal trazo do seu carácter? Humildemente, a paixón.

| Que cualidade aprecia máis nas persoas? Curiosamente, o equilibrio.

| Que espera dos amigos? Vou citar unha estrofa dunha canción dos Fabulosos Cadillacs que se chama Yo no me sentaría en tu mesa: "Está lloviendo / pero yo no me voy a mojar / mis amigos me cubren / cuando voy a llorar".

| O seu principal defecto? Unha certa impaciencia.

| A súa principal virtude? A vontade conciliadora.

| Ocupación preferida? Camiñar na montaña.

| Idea da felicidade? Camiñar na montaña coa xente que máis quero.

| Cal sería a súa maior desgraza? A perda dun ser querido.

| Se non se dedicase á política, que faría? O que fixen toda a vida: traballar para vivir e tratar de vivir unha vida en calma rodeado da miña familia.

| Unha novela que sempre volve reler. Porca terra, de John Berger.

| O mellor consello que lle dará ao seu fillo/a? Que intenten ser felices e xerar felicidade ao seu redor.

| Un heroe/heroína de ficción? Calquer antihéroe: Thomans Müntzer, por exemplo, o líder da revolta anabaptista.

| E un heroe real? Pepe Mújica.

| Que hábito alleo non atura? A mala educación.

| Unha manía súa da que non se libra? Non consigo nunca deitarme cedo.

| Ten un lema? Non, pero emprego moito dúas frases: Mai interrompere il flusso creativo ("Nunca detengas el flujo creativo", do movemento político estudiantil do 77 en Bologna) e Omnia sunt communia, que poderíamos traducir como "Todo é do común".

| Que plataforma de pago (Netflix, HB0, ?) ten na casa? Netflix e Filmin.

| A última serie de tv que o enganchou? Baron Noir, unha serie sobre a política e a condición humana.

| A última película que foi ver ao cine? Creo que foi O que arde, de Oliver Laxe, ou Longa Noite, de Eloy Enciso, non recordo cal das dúias foi a última.

| O concerto que nunca esquecerá? Son dous. Negu Gorriak, na Sala Óxido en Vigo, e Mano Negra no Playa Club de A Coruña.

| Con que político da oposición iría tomar un café para falar, pero non de política? Mellor de cañas. Unha caña con Ana Pastor.

| Que político que non é do seu partido lle parece admirable? Xosé Manuel Beiras.

| Algunha vez se arrepentiu de algo dito durante una liorta política? Cando? Ata o de agora nunca me teño arrepentido de nada do que dixen ou fixen en política.

| Se tivese que desfacer algunha decisión política, cal sería? A reforma do artigo 135 da Constitución executada en tempos do bipartidismo, que subvertiu os valores sociais da Constitución e puxo os intereses das maiorías por baixo dos intereses financieiros e especulativos.

| Os políticos sempre opinan de todo, un asunto no que lle custe formarse unha opinión? Teño reticencias éticas con determinadas interpretacións punitivas do dereito penal.

| Fai algún deporte de forma habitual? Cal? Nadar no mar ou no río todos os días que podo e camiñar pola montaña.

| Unhas vacaciones inesquecibles? Non son o que a xente considera estritamente unhas vacacións, pero recordo con especial intensidade e paixón política e humana os meses de verán que pasei na flotilla de Gaza.

| Un lugar para perderse? Praias da comarca de Bergantiños cuxo nome non vou desvelar, a Illa de Arousa e o nacemento do río Sil, que non está en Galicia, senón en León, no Bierzo.

| Cervexa ou viño? Ou ningunha opción? Cervexa con calor e viño con tempo agreste.

| Sabe cociñar? O seu mellor prato? Unha pasta carbonara de verdade: panceta galega, pecorino romano e parmiggiano da Emilia-Romaña.

| Sabe pór unha lavadora? Afortunadamente para min, si.

| A última vez que lavou os pratos? Hoxe mesmo, despois de almorzar.

| Leva no móbil contador de pasos? Cantos pasos camiña? Non levo contador de pasos, pero sei que cando camiño fago unha media de seis kilómetros á hora, a media do paso humano.

| Cal é o seu punto débil de saúde: dor de espalda, colesterol alto...? Afortunadamente non teño problemas de saúde.

| Cal é a app sen a que xa non pode vivir? Shazam.

| Está a favor da xestación subrogada? Non.

| E regularía ou aboliría a prostitución? O que quero e facer todo o que estea na miña man para construir unha sociedade na que ninguén teña que prostituirse.

| A favor ou en contra da eutanasia? A favor do dereito a morrer dignamente.

| Algunha vez fumou un porro? Non. E o teño intentado. Pero non soporto o tabaco.

| Confese un micromachismo no que incurrira sen se decatar. Supoño que moitos, pero afortunadamente sempre tiven cerca a compañeiras que me fixeron reflexionar sobre a posición de poder que representa o home no heteropatriarcado.

| Vostede recicla? A que bolsa vai o cepillo de dentes e os pañais usados? Reciclo, sí. Desde hai uns meses xa non teño cepillos de plástico, e teño decidido coa miña compañeira, usar pañais lavables a pesar da humidade de Galicia.

| Que lle diría a un fillo que lle confesa que é transxénero? Que como calquera neno ou nena ten todo o apoio do seu pai e a súa nai para ser feliz.

| A última vez que chorou. Cando morreu o meu pai.

| Se vostede fose un animal, cal sería? Cal me gustaría ser? Un mamífero libre polo monte ou polo mar.

| Que lle fai sentir máis orgulloso de Galicia? Que, fronte ao que se pensa de nós, sempre estivemos na vangarda dos cambios políticos progresistas: AGE, as Mareas e, agora, somos a primeira forza política galega que ten unha galega sentada no Consello de Ministros.

| Onde se imaxina dentro de seis anos? Coidando das miñas fillas.

Compartir el artículo

stats