A novela 'Seique' de Susana Sanches Arins e o ensaio 'Dentro da Literatura' de Suso de Toro alzáronse cos premios nas categorías de Narrativa e Ensaio e Divulgación nos premios da Gala do Libro Galego.

Onte, 9 de maio, era a xornada elixida para a celebración da quinta Gala do Libro Galego, suspendida pola epidemia de coronavirus. Con todo, o xurado fallou a relación de gañadores do quince categorías que compoñen os galardóns. Ademais de Sanches Arins e Suso de Toro, en Poesía o galardón é para Olga Novo, por 'Feliz Idade', e en Teatro: Citizen, do Grupo Chévere. Tamén resultaron premiados e premiadas noutras categorías: Paula Carballeira, Emma Pedreira, Tamara Andrés, Antonio Seijas, María Yáñez ou o proxecto da libraría Chan da Pólvora .