Pedro Sánchez sorprendeu onte ao publicar unha mensaxe en galego na súa conta de Twitter con motivo da súa reunión co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. O chío tivo multitude de respostas, algunhas de aprobación e outras críticas.

Un dos que respaldou o xesto do presidente do Goberno foi alcalde de Lalín, Rafa Cuiña, que comentou: "Pedro Sánchez xa fixo màis (sic) polo galego que Rajoy en toda a súa vida". Cuiña, que hai anos abandonou o PP por considerar que traizoara a súa alma galeguista e agora milita na formación nacionalista Compromiso por Galicia, sempre foi moi crítico co expresidente Mariano Rajoy, por non utilizar o idioma autóctono en público.