A rúa de Rosalía de Castro, a praza de Rosalía de Castro ou a travesía Rosalía de Castro. Así ata 122 veces no rueiro dos municípios da comunidade. O nome da xenial escritora, símbolo do movemento romántico e icona da literatura galega, é o máis frecuente nas vías de Galicia.
En Vigo e Xinzo da Limia chega a repetirse en tres ocasións. Na cidade olívica repártese o nome da autora de 'Follas Novas' ou 'En las orillas del Sar' entre un camiño, unha rúa e un pase, de aí que figure máis veces no rueiro galego que nos propios concellos, segundo consta no rexistro de Instituto Nacional de Estadística (INE). En total, Rosalía de Castro esta presente en 116 municipios. A escritora ten unha placa colocada nas principais cidades galegas, agás en Lugo, onde hai un parque co seu nome.
Personaxes da literatura do país ocupan os primeiros postos da listaxe. Castelao segue á escritora de Padrón no segundo lugar, precedendo a outros ilustres como Curros Enríquez, Concepción Arenal ou Eduardo Pondal.
Pero se hai una temática ben destacada entre as rúas e camiños galegos, esa é a relixión e a natureza. En Galicia atópanse 74 'outeiros', 27 'piñeiros, máis de 100 'igrexas ou 51 'cruceiros'. E así ata chegar ás 32.858 rúas recollidas nos rexistros de INE na comunidade.