-Coas medidas recomendadas pola Xunta e que implantará o Ministerio de Agricultura por decreto. Cre que se poderá erradicar a praga da polilla guatemalteca da pataca?

-Se levamos a cabo de forma estricta que nos 31 concellos onde se detectou a praga non se cultive patata, se faga un control exhaustivo, que toda a que se plante fóra destes concellos sexa certificada e que se poñan todas as trampas para atrapar os insectos, poderíamos erradicar esta praga en tan só un ano. Temos que apelar á solidaridade dos galegos e as distintas administracións. Desde Medio Rural quixemos ser moi transparentes porque a contundencia é a única vía para que non pase como en Canarias. Pero apelo tamén a tranquilidade porque nas trampas que se puxeron nas comarcas de Bergantiños e na Limia non se atrapou ningunha polilla.

-Confía en que o sector forestal acepte o decreto contra a expansión do eucalipto?

-Non se trata de ir pola vía de prohibición pero si dar regulación. É un tema que foi consesuado no seu día no Plan Forestal e marcaronse uns obxectivos despois dos distintos estudos. De aquí ao 2032 deberíamos ter dous millóns de metros cúbicos de frondosas, sete millóns de piñeiros en cinco millóns en eucalipto. Estes últimos abarcarían 245.000 hectáreas e agora xa temos 288.000 hectáreas de eucalipto ás que se suman outras 145.000 que son eucalipto con outras especies. De cara as previsións que tiñamos estamos xa superando en 188.000 hectáreas. O Clúster da Madeira estanos pedindo plantacións de calidade e o que pide Medio Rural é claridade da industria sobre cal é a previsión para a transformación de nitens de aquí a dez anos e se temos equiparada a oferta e a demanda. Non podemos plantar por plantar para que nuns anos esa producción sexa improductiva ou que a Administración teña que poñer cartos de todos para cambialo por outra especie.

-Nesa liña de evitar o monocultivo do eucalipto vai a financiación da plantación de 50.000 castaños ata marzo?

-Non se pode consentir un monocultivo e menos se é con especies de crecemento rápido e que non son as máis rendibles. As condicións de Galicia son propicias para plantacións como os castaños. Aquí si que a industria nos trasladou os seus estudos de futuro para dez anos e demanda plantación de castiñeiros para mercar castaña porque están recurrindo a producto de Portugal ao non haber en Galicia. Na diversidade está a riqueza e debemos optar por planta de calidade sen demonizar o eucalipto. Onde hai plantacións e cumpren a norma de seguirase permitindo esa repoboación.