Onte reviviu no casco vello de Vigo o "don Paco" obsesivo pola orde nos libros cos que tanto traballou na Biblioteca Penzol. Tamén metódico na mesa, aquel Del Riego incansable e fumador de puros "Cohiba", socio do Celta, fixo acto de presenza a mediodía. So un 'aturuxo' de Del Riego, ben vale un recordo, aseguraron.

A Fundación Penzol acolleu onte un acto de homenaxe ao que fora o seu patrón maior, Francisco Fernández del Riego (Lourenzá, 1913- Vigo, 2010), no centenario do seu nacemento. O plenario da Real Academia Galega trasladouse a Vigo -logo de anos- para celebrar alí a sesión extraordinaria no seu nome. Tres académicos, Ramón Lorenzo Vázquez, Ramón Barreiro Fernández e Xesús Alonso Montero foron os encargados de lembrar a unha figura cun avultado currículo a prol de Galicia, pero con inevitables referenzas persoais.

O actual presidente da Fundación Penzol, Alfonso Zulueta de Haz, foi o encargado de lembrar, xa na benvida, a "traxectoria exemplar" de Del Riego ao servizo de Galicia. Tamén o alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou a coincidencia na Praza da Constitución: "Neste lugar onde a cultura e a democracia se abrazan dun xeito imperecedoiro, xuntas teñen que avanzar".

O catedrático de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago e académico numerario da Real Academia Galega, Ramón Lorenzo Vázquez foi o primeiro en presentar a traxectoria do impulsor da Editorial Galaxia -empresa que liderou o proceso de restauración cultural na posguerra-, xunto con Ramón Piñeiro e Xaime Illa Couto. "O seu estudio non quedou limitado á cultura galega,senón ao que se facía en Europa e en EE UU".

fixo fincapé na posibilidade de bromear con el , "ofrecéndolle unha tortilla de pataca con cebola, que tanto detestaba". Tamén caracterizou a "don Paco" como un tipo rigoroso á hora da puntualidade: "Prefería chegar unha hora antes que un minuto despois". Tamén, no seu gusto polo fútbol, como seguidor do Celta.

certo cariz obsesivo coa orde:"Foi un maniático ata o final,con cada libro que cambiaban os seus amigos e tiña que volver ao lugar inicial... Todo no mesmo sitio, sempre". Había unha fonte de luz que explicaba -a xuízo do académico- a vitalidade inesgotable de Del Riego durante todo o ano: Os paseos por Praia América. Nos gustos culinarios, "guiso de carne ou caldeirada de peixe", asegurou.

No apartado gastronómico, Ramón Lorenzo ten máis anécdotas: "Enfadábase coa xente que era de pouco comer... ¡Coma min! Que me dixo que non se podía me invitar", bromeou.

O doutor en Historia e académico da RAG, Xosé Ramón Barreiro Fernández, fixo un discurso que arrancou existencial: "Entendo que sentira o fracaso e angustia, vendo como se derribaba a galeguidade que fora o obxecto de toda a súa vida", asegurou Barreiro, para falar do tempo da posguerra, que lle costou a Del Riego "o exilio interior" e "colocarse fóra dos focos para salvagardar a vida". Sen dúbida algunha, Barreiro considérao como o que seguiu o camiño iniciado por Isaac Díaz Pardo.

Del Riego foi quen chamou para a RAG a Barreiro: "Eu so traten de seguir o seu ronsel", puntualizou na intervención.

Un discurso moito máis cargado de recreacións históricas e precisións literarias fixo o catedrático Xesús Alonso Montero. De rapaz, Alonso Montero coñeceu ao que logo sería alcalde de Vigo, e axustizado. Martínez Garrido frecuentaba a taberna do seu pai, recordou onte o escritor, para traer ao discurso que os plenos municipais daquela -antes do ano 1936- se celebraban no mesmo salón que onte se citaron, na fundación Penzol.

aproveitando a presenza na sala do concelleiro de Cultura, pediu que editasen a edición facsímile de una obra de Del Riego: "O primeiro manual de Literatura Galega", explicou. Montero defendeu esa obra, editada antes de 1951, como un libro no que aprendeu a ler en galego, logo de descubrir "que había libros en galego". "Xaime Isla,Ramón Piñeiro e Del Riego fixeron a única troika boa da historia recente de Galicia", bromeou o experto en literatura. Montero definiu ao home ordenado de "don Paco.

"Nunca traizoei ao meu país". A frase de Francisco Fernández del Riego pecha toda unha declaración de vida. O presidente interino da Real Academia Galega, Xosé Luis Axeitos, tomouna onte para si e para reivindicar a institución: "A Academia foi a única institución que historicamente non traizoou á lingua", asegurou, para reivindicar a súa longa vida.