Currás, "satisfeita" pola aprobación das contas, reivindica que son "sociais, solventes e realistas"
Europa Press
A conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, mostrou este martes a súa "satisfacción" tras a aprobación das contas da Comunidade galega para o próximo ano, que foron ratificadas cos votos a favor unicamente do PPdeG. Así, reivindicou que se trata dunhas contas "sociais, solventes e realistas".
En declaracións aos medios tras finalizar o pleno extraordinario de presupostos, Currás mostrou, así mesmo, o seu "agradecemento" aos grupos polo traballo parlamentario das tres formacións políticas con representación na Cámara autonómica, se ben o PPdeG apenas aprobou catro emendas do PSdeG e ningunha do BNG.
"Son os que neste momento necesita Galicia", proclamou a conselleira en relación aos presupostos, ao tempo que resaltou que se cumpren os compromisos de "estabilidade presupostaria", ao tempo que se mantén o seu carácter "social". "Tres de cada catro euros son para gasto social", recalcou.
Así mesmo, tras poñer de manifesto que se "blinda" a aquelas consellerías que dedican a súa acción ao ámbito social, indicou que é "lóxico" o descenso presupostario naqueles departamentos que se dedican a outros ámbitos. "Era necesario para manter a blindaxe social", apostilou.
Marta Fernández Currás tamén recordou que estes presupostos están acompañados dun plan estratéxico 2010-2014 e con cinco eixes fundamentais para a "cohesión social" e para o cambio do modelo produtivo.
- Una pareja con un hijo que gane hasta 52.500 euros al año podrá acceder a una vivienda pública
- El presunto narcosubmarino en Camariñas se partió en dos secciones
- Sanidade detecta 41 cánceres precoces con el cribado de cuello de útero
- Un millar de médicos denuncian ante Sanidade «el incumplimiento» de la jornada de 35 horas
- Medio Rural asume ya la gestión de más de 320 fincas sin propietario
- Fracasa el rescate en Camariñas del narcosubmarino al hundirse la proa a 500 metros del puerto
- El «profe» multifuncional del futuro: docto, empático y TIC
- ¿Qué pasa con tu bono de Renfe al decaer el «decreto ómnibus»?