A Xunta estima que o aforro enerxético coa baixada de consumo eléctrico que se producirá en Galicia co cambio horario do domingo será do 0,38%.

En concreto, explicou que o aforro potencial de enerxía en iluminación estimado é do 1% no sector doméstico, unha porcentaxe que se eleva ao 3% no sector servizos. Así, o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) recordou que na madrugada do sábado ao domingo ás 3.00 horas serán as 2.00 horas.

O aforro en Galicia representa deixar de consumir máis de 6.600 toneladas equivalentes de petróleo ao ano. Deste modo, evítase a emisión de 5.344 toneladas de dióxido de carbono á atmosfera. En calquera caso, o Inega aproveitou para chamar a facer un "uso racional" da enerxía.