-Este ano destapáronse decenas de tramas de corrupción en distintas comunidades. O resultado: máis de 700 causas abertas pola Fiscalía Xeral contra cargos públicos, 86 delas en Galicia. Hai agora máis casos de corrupción ou a Fiscalía investiga máis?

-Moitas denuncias hai que depuralas porque son interesadas e están feitas en clave política. Algún caso xa foi arquivado porque comprobouse que a denuncia non tiña fundamento ou os feitos denunciados non constituían ilícito penal. Estamos na fase de intentar aclarar os casos obxecto de investigación e chegar a unha conclusión. Non podemos prexulgar o seu resultado. En todo caso, dicir, como xa apuntou o fiscal do Estado, que a corrupción afecta a unha porcentaxe baixa de cargos electos. Con este tipo de comportamentos hai que ser inflexible, con independencia da ideoloxía da persoa ou do partido ao que pertenza. O comportamento corrupto hai que reprimilo canto antes para evitar a súa xeneralización. Unha vez aparecido é necesario investigalo porque a sociedade padece con este tipo de comportamentos. Como? Perdendo a súa confianza nos cargos públicos.

-O control dos partidos sobre os seus cargos políticos pasa pola elaboración dun código de boas prácticas?

-Pensó que sí. Un código ético é fundamental. O problema dos códigos éticos é facer seguimentos. Cando hai elementos suficientes de que un cargo público tivo comportamentos desleais co seu partido ou coas finanzas públicas hai que actuar. É una actuación preventiva, sin perxuízo de que despois a Xustiza determine si eso constitúe un ilícito penal. O que ocurre ás veces é que, incluso non sendo ilícito penal, hai unha actuación eticamente reprochable en términos de actuación política. Ese compartamento, aínda que non constitúa delito, debe ser controlado desde o punto de vista do ámbito da política e do partido ao que lle afecta.

-España é un dos poucos países da UE que non prohíbe ou non pon límites aos agasallos aos políticos. Deberíase fixar por lei un tope sobre o custe das dádivas aos cargos públicos?

-Si. Nunca se sabe que intención persegue a persoa que fai un agasallo. Unha cousa é regalar algo que non ten significación desde o punto de vista do seu valor porque simplemente é algo simbólico. Pero outra cousa son os agasallos de carácter excesivo que, loxicamente, hai que pensar que buscan mover unha vontade nun determinado sentido. Calquera que teña capacidade de decisión e reciba un regalo, moitas veces é en consideración, precisamente, a esa capacidade de decisión que ten. Aí ten que estar precavido e non aceptar agasallos que poidan comprometer a súa imparcialidade e obxectividade.

-Nalgunha ocasión recibiu algún regalo que polo seu custe desmesurado o puxera nun apreto?

-Nunca, nunca recibín ningún regalo desas características. Nunca.

-Que regalos rexeitaría?

-Todo o que excederá dunha atención puramente simbólica. Unha botella de viño, por exemplo, é unha atención simbólica. Fóra deso, eu non podo recibir ningunha atención.

-Ve apropiado o pago de comidas ou viaxes a políticos e cargos públicos?

-Ese tipo de cuestións deben ser contempladas nos código de boas prácticas. O que estea dentro de cousas razoables e mesuradas e non comprometa nunca a imparcialidade dunha decisión non debería ter inconveniente algún. Pero todo o que exceda dese mínimo, debe ser rexeitado porque a intención é buscar un trato de favor.

-Unha comida, entraría neses mínimos?

-Non me atrevería a dicilio. Habería que ver caso por caso.

-A Galicia bástalle cun fiscal especializado en delitos urbanísticos ou fanlle falla delegados da Fiscalía Anticorrupción?

-Para as actuacións urbanísticas, das que derivan fundamentalmente feitos de corrupción, son suficientes estes delegados. Tamén temos os fiscais especializados en delitos económicos. Coa coordinación de ambos, estamos en condicións de facer fronte a este tipo de delincuencia.

-Na súa axenda de prioridades estaba a creación dunha policía especializada para investigar delitos urbanísticos. Para cando?

-Hai unidades policiais que se encargan destas materias. O que sucede é que en función dos asuntos que haxa, estas unidades poden verse desbordadas. Esto xa ocurriu en procesos preelectorais. Ese é un momento no que se activan moitas denuncias e logo compróbase que moitas non teñen razón de ser. O que é moi importante e conveniente é que as unidades que investigan delitos urbanísticos e económicos estean ben dotadas, cun número de membros axeitado. No seu día solicitei ao secretario de Estado de Interior que fornecera ao Seprona en Galicia cunha policía especializada en delitos urbanísticos. Naquel momento contestouse que era necesario desplegar unidades do Seprona noutras comunidades autónomas que aínda non se fixera, pero que unha vez cumplido ese trámite abordaríase a necesidade de potenciar os Sepronas. É una petición que está aí e que en calquera momento pode ser satisfeita.

-Non hai moito queixábase da falta de inspectores urbanísticos.

-En materia de urbanismo queremos contar tamén co apoio da Axencia Galega de Urbanismo. Sobre todo para coñecer a realidade de determinados expedientes que lle solicitan aos concellos e que estes, moitas veces, se dilatan en enviar a información.

-Son suficientes os mecanismos de control urbanístico que se establecen desde a Xunta e os propios concellos?

-A liña que sempre propuxo a Fiscalía foi a de fortalecer os mecanismos de control internos por parte dos concellos a través figuras dos interventores e dos secretarios. Polo que teño observado, creo que se está nesa liña. Por parte da Xunta, como lle corresponde o control da legalidade urbanística na comunidade, ten que haber un control a maiores en relación con determinados concellos ou proxectos construtivos que resultan desmesurados. Con todos eses mecanismos de control, estaremos en disposición de dar resposta a calquera actuación irregular que se produza neste campo.

-A Xunta adicará en 2010 600.000 euros para a demolición de vivendas ilegais, un 25% máis que este ano. A Fiscalía endurecerá as ordes de demolición como mecanismo de disuasión para os posibles infractores?

-A Fiscalía ten que aplicar a legalidade. Hai un precepto legal que di que hai que repoñer a legalidade urbanística. Eso, moitas veces, hai que facelo a través da demolición. Para repoñer a legalidade urbanística, a Fiscalía solicitará sempre ao xuíz do penal que se ordene na senteza a demolición da construción ilegal.

-O ministro de Xustiza acaba de anunciar dous novos órganos xudiciais para Galicia, que se sumarán aos 11 xa aprobados para 2010. Basta con crear cada ano xulgados se non se identifican os “cuellos de botella”?

-O principal é facer a demarcación do territorio e despois a planta. É importante establecer esa xeografía da Xustiza adaptada á realidade territorial, demográfica, socioempresarial e económica actual. E a partir de aí fixar en cada unidade territorial cantos órganos xudiciais necesitemos segundo a poboación, os índices de conflictividade e a súa complexidade. A nova realidade territorial da a posibilidade de crear cabeceiras de servicios públicos e, polo tanto, no eido xudicial tamén. Ao mellor hai que tomar como base a realidade comarcal e a súa influencia. Esto faino xa a área sanitaria: a zona de Santiago, por exemplo, atente a Lalín ou A Estrada. Ao mellor temos que romper o molde provincial. Unha gran revolución van a ser a novas posibilidades de comunicación que permitirán a territorios tradicionalmente alonxados que aparezan moi ben comunicados. En términos de tempo, eso traducirase nun acceso rápido aos servicios públicos desa área.

-Mentres non se acometa esa reforma da demarcación e da planta xudicial, a Administración da Xustiza está condenada ao atasco xudicial que arrastra desde hai anos?

-Hai que actuar en moitos campos. Un deles é ese. Pero tamén hai que mirar para dentro da Xustiza e ver como traballamos. Cabe preguntarse se os métodos de traballo son acordes coa demanda o número de litixios que estamos recibindo. Hai que introducir novos métodos de xestión. A oficina xudicial intenta eso para facer frente ao colapso. E por suposto, a implantación das TIC (tecnoloxías da información e coñecemento). A implantanción de todo iso ten que axudarnos a que a Xustiza sexá máis áxil na resposta.

-Unha das súas propostas para paliar o colapso é a mediación para os pleitos familiares ou veciñais.

-É outra fronte na que hai que actuar. A Comisión Europea de Xustiza xa nos ten advertido reiteradamente de que os países onde non hai sistemas alternativos de resolución de conflito van ter moitas dificultades para poñerse ao día no tema xudicial. Hai moitos confli tos que chegan a xurisdicción porque non poden ser levados a xuizo. Loga hai outro tipo de casos como son os que se producen nas relacións familiares ou de veciñanza onde as persoas están condenadas a seguir mantendo unha relación despois do conflito. Eses casos é mellor levalos ao ámbito da mediciación para que as relacións persoais non se vexan afectadas. Hai que mudar de cultura. Agora estamos na cultura da pleito e temos que pasar á da meciación. Pero non é suficiente facer unha lei. Só terá resultados óptimos cando a cultura da mediación estea totalmente implantada.

-Esa nova cultura da mediación tamén afectará ás profesións xurídicas...

-Terán que reciclarse. Moitas veces, os abogados a través de acordos con outros letrados poderán evitar un pleito. Trátase de superar esa posición adversarial de gañador perdedor: eu fago un pleito contra ti e gaño o cen por cento. Pois non. Moitas veces é máis conveniente unha negociación porque se ben podes acadar ese cen por cento non será ata dentro de dez anos. Entón un abogado terá que plantexar gañar agora o 80%. Van aparecer novas profesións xurídicas, como ocurreu en Francia, baseadas na cultura da mediación. Un abogado ten que estar preparado para ir a pleito cando sexa necesario pero tamén definir estratexias de mediación e de acordo cando o seu cliente non teña posibilidades de gañar un pleito. O Parlamento galego debería pronunciarse sobre a necesidade desta lei autonómica de mediación. Debería ser una tarea prioritaria no ámbito lexislativo.

-En materia lingüística. Está en perigo o galego?

-O galego é unha lingua que necesita medidas de apoio, de promoción e afirmación positiva. Esas medidas teñen que ser realizadas desde a Administración autonómica, en concreto desde o Departamento de Política Lingüística que é ao que lle corresponde promocionar a lingua de Galicia. É o que está establecido de maneira estatutaria e é o que se espera dun Goberno galego: que promocione a lingua propia de Galicia.

-O uso do galego retrocedeu?

-Na Adminsitración xudicial quédalle moito por avanzar. O uso do galego no eido xudicial é simbólico. Aquí estamos practicamente en pañais. O galego retrocederá e retrocede se non hai medidas de apoio. Esas medidas implican que o galego teña presenza no ensino, que é fundamental, pero tamén en todos os sectores sociais como lingua de utilidade. Cando o galego se convirta nunha lingua de utilidade, que sexa utilizada como tal nas relacións cotiás, avanzará moito nos sectores sociais.

-Ve necesaria a reforma do Estatuto de Autonomía, aínda pendente da pasada lexislatura?

-Ese é un tema político no que non debería entrar. Eu son partidario dunha reforma estatutaria na medida en que mellore os avances conseguidos e vaiamos cara adiante, nunca para retroceder ou para mermar as nosas competencias. Que nos sirvan ademais esas competencias para mellorar en todos os aspectos: institucional, económico, social e de convivencia. Sempre que melloremos neso, para adiante (a reforma do Estatuto).

-Galicia é unha nación?

-Lin hai moitos anos ‘Sempre en Galiza’. Castelao xa decía que Galicia era una nación. E daba unha explicación moi natural do tema. Dicía que Galicia era unha nación porque tiña lingua propia, economía propia e hábitos psicolóxicos reflexados nunha comunidade de cultura. Eu concordo totalmente coa definición que da Castelao.

-Sete anos despois da maior catástrofe ecolóxica de Galicia, comenzará o xuizo polo accidente do Prestige. Pediranse responsabilidades ao Estado?

-Eso dependerá de se se acusa ou non a este funcionario do Estado (en alusión ao ex director xeral da Mariña Mercante, López Sors). En todo caso, insisto, é unha posición moi estudiada. Coñecemos moi ben o asunto; incluso sabemos as matizacións que poden facer os peritos. Moitos falan destas posicións a través da lectura dos informes periciais. Pero ás veces estes informes son fríos. Vai ser moi interesante escoitar e confrontar aos peritos no xuízo e que poidan matizar os puntos de vista que xa foron expostos por escrito.

-Que cabe esperar desde xuizo, no que os afectados xa foron indeminzados?

-Unha vez que houbo moitas personas que cobraron, contribuirá a que se retiren do procedemento. O fundamental é saber, en relación co resarcimento dos danos, quen resulte condenado. Se o Estado español fora condenado tería que facer fronte e senón a compañía aseguradora do barco. A Fiscalía pedirá responsabilidades penais pero tamén civís a quen considera que foi o determinante da contaminación.