11 de octubre de 2009
11.10.2009

A compoñente galega de Nokia

Igalia lidera a producción do software libre empregado nos últimos teléfonos da multinacional

10.10.2009 | 23:53
Unha das zonas de traballo na sede de Igalia en Elviña, A Coruña

Os teléfonos máis modernos de Nokia levan parte do famoso ´made in Galicia´. Una empresa galega, Igalia, é punteira no software libre para dispositivos móbiles, a tecnoloxía que emprega a compañía finesa nos seus últimos modelos. Desde que a fundaran hai oto anos un grupo de estudantes, Igalia conseguiu facerse un oco no complicado mercado internacional da tecnoloxía cun inusual modelo empresarial: os traballadores deciden e participan nos beneficios.

Un cuarto para durmir, comer, ver a tele ou xogar á videoconsola. Unha plantilla que ronda os 30 anos. Mobiliario de deseño e unha enorme sala de reunións onde os traballadores deciden, entre outras cousas, o seu propio salario. É a sede coruñesa de Igalia, unha empresa galega punteira no desenvolvemento de software libre e nas tecnoloxías móbiles que empregan multinacionais coma Nokia. A aventura desta firma coruñesa comezou hai xa oito anos, cando un grupo de estudantes de informática, a maioría deles recén licenciados, decidiron montar o seu propio negocio co obxectivo de "dignificar o traballo do informático e evitar que a xente tivera que marchar de Galicia para ter un emprego decente". Baixo esa premisa, convertíronse nuns emprendedores moi particulares, cunha idea empresarial clara e novidosa.
"Cando montamos a empresa, queriamos que a xente se involucrase e participase no proxecto, así que escribimos un documento, unha especie de Constitución, onde se regula o modelo asembleario e o sistema de tomar as decisións entre todos os traballadores" de Igalia, explican Xabier Calvar e Chema Casanova, un dos fundadores da compañía, que ademais da súa sede na Coruña tamén ten oficinas en Pontevedra. Logo dun ano na firma, calquera empregado de Igalia ten dereito e obriga de participar na asemblea, "o máximo órgano" de Igalia, unha firma onde "non hai xerarquías, senón roles". Nestas asembleas, que se celebran cada dous meses, son os propios traballadores os que deciden todo o que poida afectar á empresa: desde a continuidade dos contratos cos provedores, até a reforma do mobiliario ou mesmo a subida dos seus propios salarios. E en canto o empregado leva catro anos traballando, convértese en socio de Igalia, é dicir, comparte o capital e os beneficios de forma igualitaria. Dos 37 traballadores que hai na actualidade en Igalia, 15 deles son socios. "Xurídicamente somos unha sociedade limitada, pero en realidade funcionamos como cooperativa", resume Chema.
A conciliación da vida laboral e persoal e o bo ambiente na oficina son outros dos pilares de Igalia. Así, fomentan o teletraballo (cinco dos empregados están en Barcelona, Sevilla e Helsinki) e dan clases gratuitas de inglés nas oficinas, e sesións de fisioterapia para aliviar as horas de escritorio. Ademais, na sede da Coruña, inaugurada esta primavera en Elviña –até entón estaban na Grela– hai un cuarto de esparcemento para comer, ver unha película, xogar á vídeoconsola ou simplemente descansar.
Canto á actividade, os fundadores de Igalia tamén tiñan claro desde o principio que se dedicarían ao software libre, é dicir, o que pode usarse, modificarse e distribuirse sen problemas de licencias nin dereitos. "O noso primeiro proxecto foi crear un programa informático para Sergesco, a compañía de augas de Oleiros", recorda Chema Casanova. Despois diso viñeron outros encargos para firmas como a viguesa Communitel, o Concello da Coruña –aínda hoxe son os encargados do mantemento da rede de aulas de informática nas escolas da cidade– a Xunta de Galicia, o sector naval ou un taller mecánico que precisaba unha ferramenta informática de xestión. Con todo, hoxe en día o 70% da súa facturación –que o ano pasado superou o millón e medio de euros– procede de clientes estranxeiros e dunha rama tecnolóxica na que Igalia é punteira: as tecnoloxías e aplicacións para teléfonos e outros dispositivos móbiles, como a plataforma Maemo ou o sistema GNOME. Por exemplo, os programas para consultar o correo electrónico desde o teléfono, os botóns e menús ou Vagalume, unha plataforma para escoitar música en radios online. De feito, a firma coruñesa estivo involucrada no desenvolvemento do software empregado nos últimos teléfonos de Nokia incluído o inminente N-900, que será o primeiro da firma finesa baseado no sistema GNU-Linux.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
selectividad 2018 Galicia

Toda la información sobre la selectividad

Consulta aquí toda la información sobre las pruebas de acceso a la Universidad: notas de corte, resultados y noticias


Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


Enlaces recomendados: Premios Cine